Estimadas familias,
Unha vez recollidas todas as solicitudes
para o servizo de comedor durante o curso 2018/19 comprobouse que había máis
demanda que prazas dispoñibles (160). Por parte da directiva da ANPA leváronse
a cabo diversas actuacións, como foron, reunións conxuntas con Hostalaría e coa
Dirección do CEIP “Lamas de Abade”, comunicacións aos distintos departamentos
administrativos responsables do servizo de comedores, e finalmente unha
solicitude á Consellería de Educación na que se poñía de manifesto a
problemática existente no Centro con respecto ao comedor escolar e a falta de
prazas, e se demandaba algún tipo de resposta administrativa. Ningunha destas
actuacións obtivo contestación por parte das autoridades competentes, polo que
foi necesario aplicar o baremo aprobado na Asemblea Extraordinaria celebrada o 07.03.2018, co fin de establecer unha orde de
prelación segundo a puntuación obtida.
DIAS DO USO
DE COMEDOR POR USUARIO AO ANO DURANTE O CURSO ANTERIOR
|
PUNTOS
|
De 160-180
|
10
|
De 140-160
|
9
|
De 120-140
|
8
|
De 100-120
|
7
|
De 80-100
|
6
|
De 60-80
|
5
|
De 40-60
|
4
|
De 20-40
|
3
|
De 0-20
|
1
|
Socio no curso
anterior
|
1
|
Irmán/á usuario/a
de comedor no curso anterior
|
2
|
Dun total de 209 solicitudes presentadas, obtiveron praza de comedor, segundo
as preferencias que aparecían nos escritos presentados, todas aquelas solicitudes que obtiveron unha
puntuación de 1 ou máis puntos. (181 prazas en total).
Aquelas
solicitudes que tiñan cero puntos foron ordenadas por apelido, atendendo á
letra do sorteo público que realizou a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para resolver os
desempates (Resolución do 27 de febreiro de 2018 da Dirección
Xeral de Centros e Recursos Humanos). Para o curso escolar 2018-19
as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras
"Z" e "T"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras
"C" e "J".
Unha vez
ordenadas, e tendo en conta que solicitaban o servizo para días nos que aínda
quedaban ocos libres, as familias que non obtiveron praza de comedor foron informadas
telefonicamente ofrecéndolles os días dispoñibles nos casos en que os había.
Creouse unha lista de espera por si se da o caso de que se produza algún cambio
nas listas, informarse á primeira persoa da lista, e así sucesivamente, vía
telefónica.