mércores, 16 de maio de 2018

Campamento de verán


Está aberta a inscrición para o campamento de verán.

Horario:
De 7:45 a 9:00  (madrugadores: 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 (actividades: 5 euros por día).
De 14:00 a 16:00 (xantar : 5,5 euros por día)

Saída: 11 xullo. Cines Compostela (5 euros: entrada+autobús)

Veladas: de 20:00 a 09:00 (5 euros por NOITE, inclúe a cea). Límite de prazas 40.

O procedemento de inscrición será o seguinte:
  • ·        Cubrir o formulario de inscrición e facerllo chegar a coordinadora en man ou a través do correo electrónico coordinadoralamas@gmail.com entre o 16 e o 25 de maio.
  • ·         No caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles (70) darase prioridade por número de días de uso, e no caso de haber empate terase en conta a data de inscrición.
  • ·       Unha vez  se confirme a praza debe proceder o pagamento entre o 29 e o 31 de maio, na conta da Anpa de ABANCA: ES80-2080-0349-82-3040002656 e entregar o xustificante de pago a coordinadora. No caso de non facerse efectivo o pagamento nese prazo perderase a reserva de praza.
  • ·      No caso de asistir máis de 10 días o campamento en xullo coa comida incluída, o ingreso do importe do xantar de ese mes poderase facer entre o 25 e o 29 de xuño.

Normas de uso

No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00. Non poderán acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de recollida, haberá que pagar unha penalización de 6€ que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora. No caso de non ingresalos, non poderá continuar asististindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Para poder asistir á velada terá que estar anotado tamén ao almorzo e as actividades do día seguinte, e realizar o pago correspondente.

Descarga o formulario de inscrición aquí

PARA O CAMPAMENTO DE SETEMBRO ENVIARASE UNHA NOVA CIRCULAR