venres, 2 de decembro de 2016

CAMPAMENTO DE NADAL 2016-2017

Está aberta a inscrición para o campamento de Nadal que será os 
días 22,23,26,27,28,29 e 30 de Decembro e 2,3,4 e 5 de Xaneiro.

Horario:
De 7:45 a 9:00 ( madrugadores :1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día).

O procedemento de inscrición será: 
• Apuntarse no taboleiro de anuncios (especificar os días, que se desexa asistir) 
• Facer o ingreso en A BANCA:ES80- 2080-0349-82-3040002656
• Entregarlle á coordinadora o xustificante (Mamen). 

A data límite para anotarse é o 9 de Decembro do 2016. A reserva ordenarase pola data de pagamento O día 28 de decembro, está previsto organizar unha saída á residencia de maiores SARquavitae San Lázaro, para realizar un encontro entre os nosos pequenos e os maiores dese centro.

Os interesados nesta actividade voluntaria, deben indicarllo a Mamen.

mércores, 30 de novembro de 2016

CHARLA-CAFÉ SOBRE OS CAMBIOS NA ADOLESCENCIA


O próximo mércores, 30 de novembro, teremos no IES DE SAR unha charla-café sobre "Os cambios na adolescencia", ás 18:30 horas.
Que ninguén pense que é unha charla para secundaria, que isto comeza antes do que imaxinades.
Avisade se ides vir, para ter preparados os biscoitos!
E se queredes traer crianzas pequenas, avisade tamén e teremos preparado un servizo de ludoteca, gratuíto por suposto.
Como avisar?, cun mail a anpascompostela@gmail.com

domingo, 20 de novembro de 2016

Concentración e folga estudiantil contra as reválidas


martes, 27 de setembro de 2016

3º FORO DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E SOCIAL, O 12 DE NOVEMBRO


luns, 26 de setembro de 2016

Conferencia de Francesco Tonucci no IES Rosalía o 23-09-2016


 Charla do pedagogo italiano Francesco Tonucci no salón de actos do Instituto Rosalía de Castro de Santiago o 23 de setembro de 2016 titulada "A cidade das nenas e dos nenos: unha nova filosofía de goberno da cidade". Auspiciada polo Concello de Santiago.

luns, 19 de setembro de 2016

I Xornada da Diversidade

O próximo sábado, 24 de setembro, a comisión NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) organiza a I Xornada da Diversidade. Será de 10:00 a 14:30 no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura).

É unha xornada interesante, enfocada ao aspecto máis práctico do tratamento das NEAE, cunha duración non moi longa, só nos ocupará a mañá do sábado, e na que as crianzas poderán estar atendidas na ludoteca gratuíta que organizaremos tamén.

PROGRAMA:
10:00-10:15  Recepción e reparto de documentación
10:15-10:30  Presentación e benvida.
10:30-11:20  Cogami: “A accesibilidade como contexto para a igualdade de oportunidades”.
11:20-12:20  EOE. Marco legal das NEAE.
12:20-12:50  Descanso. Café
12:50-13:35  Mesa redonda: Políticas municipais de inclusión.
13:35-14:30  Asociación ACHEGA. “Unha mirada ao deporte adaptado”.


Rexistro (ou inscripción):  Enviar correo a anpascompostela@gmail.com co encabezamento I Xornada da Diversidade - nomes das persoas participantes e si se fai uso da ludoteca indicar a idade dos nenos, o nome dos pais, nais, titores ou titoras legais xunto cun teléfono de contacto antes do 21 de setembro.
PROGRAMA

domingo, 11 de setembro de 2016

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016-2017 (CORREXIDO)

                           Se queredes imprimir ou ver mellor o cadro, premede nesta ligazón
                       Para calquera consulta, escribide un email a anpaceiplda@yahoo.es


Desculpade o cadro publicado fai días. Éste novo contén os últimos cambios.

venres, 9 de setembro de 2016

CARTA DE PRESENTACIÓN DO CURSO 2016-2017

Ola familias:

Empezamos un novo curso e queremos poñervos ó día. Estes son os servizos que ofreceremos:

⦁Madrugadores, dende as 7:30 ata a entrada ao colexio

⦁Comedor durante o mes de setembro o comedor funciona con servicio de caterins en horario de 14:00 a 16:00. A partir de Outubro os nenos/as comerán na Escola de Hostalería e o horario será de 14:00 a 16:30.

⦁As actividades extraescolares, realizanse de luns a xoves, dende as 16:30 ata as 18:30

⦁Campamentos de vacacións, dende as 7:45 a 9:00 servizo de madrugadores, de 9:00 a 14:00 sen comida e de 9:00 a 16:00 con servizo de comedor

Queremos recordarvos unhas normas básicas da ANPA:

⦁Para poder asistir aos servizos ofertados pola ANPA, é preciso ser socio

e ter subscrita a póliza de seguros  antes do 20 de SETEMBRO.

⦁MADRUGADORES:. Para que ós meniños lles de tempo de almorzar, deben estar en madrugadores antes
das 8:30. Non se devolverán os importes pagados, non sendo se se avisa unha semana antes.

⦁COMEDOR: deberase entregar a solicitude antes do 20 do mes anterior, senón, non serán admitidos.
Aqueles nenos/as que veñan sempre, poderán cubrir un único papel anual. Para anotarse neste servizo, só é valida a inscrición entregada en man á coordinadora de comedor (MAMEN).
O limite de prazas é de 130 usuarios. Os nenos/as que se queden ó comedor serán recollidos a partir das 15:30  A 16:30, no patio interior cuberto do colexio, onde haberá unha monitora para atender a recollida dos nenos/as, a cal deben dirixirse. Non se devolverán importes unha vez contratadas as comidas. Os nen@s que non sexan recollidos ás 16:30, e non teñan actividade ese día, terán que dirixirse á BIBLIOTECA do Colexio.

⦁O HORARIO DE RECOLLIDA DOS NENOS/AS OS VENRES É ÁS 16:30, HORA DO PECHE DO COLEXIO. A Anpa non se responsabiliza da custodia dos nen@s, a partir desa hora.

⦁LUDOTECA: Para os usuarios de actividades, contase cun servizo de ludoteca, para o día da actividade contratada. Para usar a ludoteca, os días que non se teñen actividades contratadas, é preciso mercar un BONO.

⦁ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: As actividades extraescolares comezan o 1 de OUTUBRO e rematan co fin de curso, 22 de XUÑO. A contratación das actividades é trimestral.

Para darse de baixa é necesario avisar un mes antes, e nunca no mesmo trimestre.

mércores, 31 de agosto de 2016

REQUERIMENTO DE SUBSANACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, MATERIAL ESCOLAR OU CONCILIACIÓN

                En cumprimento do establecido na base reguladora 11, da convocatoria para a concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela (BOP núm. 106, do 06/06/2016) publícase de seguido a relación de persoas solicitantes que deben emendar a súa solicitude e/ou documentación, para que no prazo comprendido entre o 29 de agosto e o 14 de setembro de 2016, ambos os dous incluídos, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos; indicándoselles que, de non facelo neste prazo, se considerará que desisten da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos términos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

luns, 20 de xuño de 2016

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Estimadas familias:
A ANPA quere poñer en marcha a finais deste curso un “BANCO DE LIBROS”, para poder usar no vindeiro curso 2016-2017. Esta iniciativa consiste en que se poden entregar os libros que sexan da vosa propiedade (mercados polas familias) utilizados neste curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir libros do próximo curso, deste BANCO DE LIBROS DA ANPA.

Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas:

O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilicen, só se poden entregar os libros que sexan propiedade das familias, quedan fora deste sistema, os libros concedidos pola Consellería de Educación.

Ás persoas que entreguen os libros, terán dereito a recibir outros.Tratase de facer un reparto equitativo e xusto para todolos solicitantes

As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, etc). Cando remate o prazo de entrega os libros recibidos de cada curso se repartirán, entre as persoas que entregaran os do curso anterior. Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo estado ( ou repoñeranse polo usuario ) ao final do próximo curso. Os libros pasan a ser do banco da ANPA, non son do Colexio.

PARA O PRÓXIMO CURSO SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO CURSO ACTUAL.
Datas de recollida de libros:
Dende o luns 27 de xuño e ata o xoves 30 de xuño ; en horario de 14:00 a 16:00.
Preparacion de lotes as primeira semana de xullo.

Datas de entrega de libros:
Do 26 ao 29 de xullo, en horario de 14:00 a 16:00
Unha vez máis, damos as grazas a todos pola vosa colaboracion, entre todos pódese conseguir.

Podedes descargar o impreso dos libros que entregades nesta ligazón.

PARTICIPA

sábado, 11 de xuño de 2016

AMPLIACIÓN PRAZAS CAMPAMENTO DE VERÁN 2016

Comunicado nº10
                                               AMPLIACIÓN PRAZAS CAMPAMENTO DE VERÁN 2016
 XUÑO: 23,27,28,29 e 30
 XULLO :Dende o día 1 ata o 31( excluíndo o día 25 e os fins de semana)
 SETEMBRO: Dende o día 1 ata o comezo do curso
Horario:
De 7:45 a 9:00  ( madrugadores :1,70 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 4 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 4 euros por día)
Ábrese un novo prazo de inscrición para o campamento de verán  2016 cun máximo de 20 prazas. Os pasos a seguir para a inscrición son os seguintes:
      1º.- Anotarse no taboleiro de anuncios especificando os días.
2º.- Pagar a cantidade no banco ( A BANCA:ES80- 2080-0349-82-3040002656) especificando o nome do neno/a  e o concepto: Campamento de verán
3º.- Entregarlles o xustificante do pagamento ás monitoras, Mamen ou Inma  antes da data límite.
Para establecer a preferencia considerarase o punto nº 2, a data de ingreso no banco, ningún dos outros pasos.
A DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN SERÁ O DÍA 16 DE XUÑO DO 2016

martes, 31 de maio de 2016

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL PARA UNHA EDUCACIÓN EN IGUALDADE E DIVERSIDADE


FONDO DE LIBROS DE TEXTO


Como sabedes, no CEIP Lamas de Abade facemos un fondo de libros para facilitar que os alumnos poidan ter os seus libros de texto. Uns nenos entregan os seus libros e outros recíbennos para poder usalos o próximo curso. A Xunta xestiona este proceso, establecendo unhas condicións para poder ter dereito a estes libros. Tedes a información, co formulario a entregar ao final, nesta ligazón:


luns, 11 de xaneiro de 2016

PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Tedes á vosa disposición as programacións das actividades extraescolares que se están a desenvolver no noso centro. Podedes consultalas en liña ou descargalas premendo nas ligazóns:



Recordámosvos o horario en que teñen lugar.