O próximo sábado, 24 de setembro, a comisión NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) organiza a I Xornada da Diversidade. Será de 10:00 a 14:30 no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura).
É unha xornada interesante, enfocada ao aspecto máis práctico do tratamento das NEAE, cunha duración non moi longa, só nos ocupará a mañá do sábado, e na que as crianzas poderán estar atendidas na ludoteca gratuíta que organizaremos tamén.
PROGRAMA:
10:00-10:15 Recepción e reparto de documentación
10:15-10:30 Presentación e benvida.
10:30-11:20 Cogami: “A accesibilidade como contexto para a igualdade de oportunidades”.
11:20-12:20 EOE. Marco legal das NEAE.
12:20-12:50 Descanso. Café
12:50-13:35 Mesa redonda: Políticas municipais de inclusión.
13:35-14:30 Asociación ACHEGA. “Unha mirada ao deporte adaptado”.
Rexistro (ou inscripción): Enviar correo a anpascompostela@gmail.com co encabezamento I Xornada da Diversidade - nomes das persoas participantes e si se fai uso da ludoteca indicar a idade dos nenos, o nome dos pais, nais, titores ou titoras legais xunto cun teléfono de contacto antes do 21 de setembro.
PROGRAMA