Estimadas familias:
A ANPA quere poñer en marcha a finais
deste curso un “BANCO DE LIBROS”, para poder usar no vindeiro
curso 2016-2017. Esta iniciativa consiste en que se poden entregar os
libros que sexan da vosa propiedade (mercados polas familias)
utilizados neste curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio,
pódense recibir libros do próximo curso, deste BANCO DE LIBROS DA
ANPA.
Como podedes imaxinar, organizar isto
non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de
todas as persoas interesadas:
O máis importante é pensar que
podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que
outra persoa os utilicen, só se poden entregar os libros que sexan
propiedade das familias, quedan fora deste sistema, os libros
concedidos pola Consellería de Educación.
Ás persoas que entreguen os libros,
terán dereito a recibir outros.Tratase de facer un reparto
equitativo e xusto para todolos solicitantes
As persoas encargadas de recollelos
comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos:
borrados, etc). Cando remate o prazo de entrega os libros recibidos
de cada curso se repartirán, entre as persoas que entregaran os do
curso anterior. Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo
estado ( ou repoñeranse polo usuario ) ao final do próximo curso.
Os libros pasan a ser do banco da ANPA, non son do Colexio.
PARA O PRÓXIMO CURSO
SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO CURSO ACTUAL.
Datas de recollida de libros:
Dende o luns 27 de xuño e ata o xoves
30 de xuño ; en horario de 14:00 a 16:00.
Preparacion de lotes as primeira semana
de xullo.
Datas de entrega de libros:
Do 26 ao 29 de xullo, en horario de
14:00 a 16:00
Unha vez máis, damos as grazas a todos
pola vosa colaboracion, entre todos pódese conseguir.
PARTICIPA