venres, 9 de setembro de 2016

CARTA DE PRESENTACIÓN DO CURSO 2016-2017

Ola familias:

Empezamos un novo curso e queremos poñervos ó día. Estes son os servizos que ofreceremos:

⦁Madrugadores, dende as 7:30 ata a entrada ao colexio

⦁Comedor durante o mes de setembro o comedor funciona con servicio de caterins en horario de 14:00 a 16:00. A partir de Outubro os nenos/as comerán na Escola de Hostalería e o horario será de 14:00 a 16:30.

⦁As actividades extraescolares, realizanse de luns a xoves, dende as 16:30 ata as 18:30

⦁Campamentos de vacacións, dende as 7:45 a 9:00 servizo de madrugadores, de 9:00 a 14:00 sen comida e de 9:00 a 16:00 con servizo de comedor

Queremos recordarvos unhas normas básicas da ANPA:

⦁Para poder asistir aos servizos ofertados pola ANPA, é preciso ser socio

e ter subscrita a póliza de seguros  antes do 20 de SETEMBRO.

⦁MADRUGADORES:. Para que ós meniños lles de tempo de almorzar, deben estar en madrugadores antes
das 8:30. Non se devolverán os importes pagados, non sendo se se avisa unha semana antes.

⦁COMEDOR: deberase entregar a solicitude antes do 20 do mes anterior, senón, non serán admitidos.
Aqueles nenos/as que veñan sempre, poderán cubrir un único papel anual. Para anotarse neste servizo, só é valida a inscrición entregada en man á coordinadora de comedor (MAMEN).
O limite de prazas é de 130 usuarios. Os nenos/as que se queden ó comedor serán recollidos a partir das 15:30  A 16:30, no patio interior cuberto do colexio, onde haberá unha monitora para atender a recollida dos nenos/as, a cal deben dirixirse. Non se devolverán importes unha vez contratadas as comidas. Os nen@s que non sexan recollidos ás 16:30, e non teñan actividade ese día, terán que dirixirse á BIBLIOTECA do Colexio.

⦁O HORARIO DE RECOLLIDA DOS NENOS/AS OS VENRES É ÁS 16:30, HORA DO PECHE DO COLEXIO. A Anpa non se responsabiliza da custodia dos nen@s, a partir desa hora.

⦁LUDOTECA: Para os usuarios de actividades, contase cun servizo de ludoteca, para o día da actividade contratada. Para usar a ludoteca, os días que non se teñen actividades contratadas, é preciso mercar un BONO.

⦁ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: As actividades extraescolares comezan o 1 de OUTUBRO e rematan co fin de curso, 22 de XUÑO. A contratación das actividades é trimestral.

Para darse de baixa é necesario avisar un mes antes, e nunca no mesmo trimestre.