martes, 18 de setembro de 2012

CARTA DE PRESENTACIÓN DO CURSO 2012-2013


ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE (anpaceiplda@yahoo.es)
NOVO CURSO 2012 – 2013
Ola amigos e amigas:
Comenzamos un novo curso e queremos poñervos ó día. Estes son os servizos que ofreceremos:

         actividades extraescolares, desde as 16:30 ata as 18:30
         campamentos de vacacións, desde as 9:00 ata as 16:00
         comedor a continuación das clases ata as 16:30, excepto os venres que será ata as 16:00
         madrugadores, dende as 7:30 ata a entrada ao colexio

O comedor funciona desde o 12 de Setembro con catering  ata as 16:00.

A partir de Outubro, os nen@s comerán na Escola de Hostelería.

Queremos recordarvos unhas normas básicas da ANPA:

         COMEDOR: deberase entregar a solicitude antes do 20 do mes anterior, senon, non serán admitidos. Aqueles nenos que veñan sempre, poderán cubrir un único papel anual. Non se devolverán importes unha vez contratadas as comidas.

         ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: As actividades extraescolares comezan o 1 de outubro e rematan co fin de curso. Todas as actividades da ANPA serán aboadas anticipadamente, entre o día 1 e 10 de cada mes. (O pago das actividades é trimestral). Para inscribirse nas actividades da ANPA e preciso ser socio e ter feita a inscrición antes do 21 de Setembro. Todos @s nen@s deberán, ter suscrita a poliza de seguros, para poder asistir a os servizos ofertados pola ANPA. Para darse de baixa avisar un mes antes, e nunca no mesmo trimestre.

         CAMPAMENTOS DE VACACIÓNS: Non se devolverán os importes pagados, non sendo a comida se se avisa o día anterior. Debedes apuntarvos na lista do taboleiro e PAGAR NO BANCO, entregando o xustificante de pago á responsable antes da data indicada.

         MADRUGADORES: Non se devolverán os importes pagados, non sendo se se avisa unha semana antes.

         As responsables destes servizos son: COORDINADORA de comedor,  madrugadores e campamento:MAMEN 662382294 de  7:30 a 10:00 e de 13:00 a 18:30; INMA  662382216 de 13:00 a 18:30, actividades extraescolares.

         Aquelas persoas que non teñan os seus pagos o día, non serán admitidas o mes seguinte.

         Os nen@s que se queden ó comedor serán recollidos a partir das 15:30 , no patio interior cuberto do colexio, onde haberá unha monitora para atender a recollida dos nen@s, a cal deben dirixirse.

-          PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN, NON SE PERMITIRÁ O ACCESO D@S PAIS/NAIS, AO INTERIOR DO COLEXIO, NEN A ESCOLA DE HOSTELERIA.

-          Para que ós meniños lles de tempo de almorzar, deben estar en madrugadores ANTES DAS 8:30, pois despois desa hora non da tempo de tomar o almorzo.

-          Facemos unha vez máis fincapé na importancia que ten a vosa colaboración, é preciso a axuda de tod@s.

-          O HORARIO DE RECOLLIDA DOS NENOS/AS OS VENRES É ÁS 16:00, HORA DO PECHE DO COLEXIO. A Anpa non se responsabiliza a partir da mesma.

-          Recóllense todos os impresos tanto de comedor como de actividades en conserxería ou no comedor.

-          A proba dos chándales serán o luns día 17 e o martes 18 en horario de 16:30 a 18:30. O prezo é de 25 euros.

 

DEBEDES RESPECTAR OS HORARIOS DE SAÍDA DOS MENIÑOS, a nosa responsabilidade é ata o horario marcado. Non se poden recoller @s nen@s no medio das actividades, haberá que esperalos á saída do centro.

Para a contratación destes servizos están á vosa disposición os impresos no comedor e na conserxería. A data límite de entrega será o DÍA 20 DE SETEMBRO.

Contades con máis información no taboleiro da ANPA (na entrada do cole e no comedor)

Aquelas persoas que desexen recibir a información a través de e-mail, mandade unha mensaxe a anpaceiplda@yahoo.es

A directiva da ANPA espera a vosa sincera colaboración .                               

                                                                                                    Un saúdo

Se queredes gardar estes datos, podedelos descargar AQUÍ.