A escola de verán de inglés é unha proposta educativa para o mes de xullo, do 2 ao 31, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no IES Rosalía de Castro (Rúa de San Clemente, 3). A recepción dos participantes farase dieariamente dende as 8:15 horas para facilitar a conciliación das familias que do precisen.
Este programa está dirixido a nenos/as e a mozos/as empadroados no concello de Santiago, que cursaran algún dos cursos seguintes: 1º de primaria a 2º da ESO (ambo-los dous inclusive), con niveos de inglés diferentes. Esta oportunidade de aprendizaxe combina as clases de inglés con obradoiros lúdicos, para aproveitar o tempo de actividade non escolar e practicar mellorando o seu inglés á vez que utilizan este tempo para procurar novas relacións socializadoras.
Se estades interesados, aquí tendes todo o que precisades:
Ficha de inscrición