martes, 18 de setembro de 2012

COMEDOR


COMEDOR

-         O servizo de comedor é dado pola escola de hosteleria durante os meses de outubro ata maio .En xuño e setembro contratarase unha empresa de catering.

-          PARA INSCRIBIRSE NO COMEDOR, HAI QUE ANOTARSE ANTES DO 20 DO MES ANTERIOR. NON SE ADMITIRÁN NENOS DESPOIS DESTA DATA.

-         Non haberá devolucións nin se descontará ningunha comida; todolos cambios faranse antes do 20 do mes anterior. Pódese cubrir un único impreso ( dende outubro ata maio) ou mensual.  Os nenos que vaian a utilizar o comedor durante o mes de xuño, deberán cubrir o impreso correspondente que se entregará xunto co recibo de maio e entregalo antes do 20 de dito mes.

-         Os recibos deberán abonarse entre o 1 e o 10 de cada mes e entregar o resgardo á coordinadora. Cobraranse tódalas comidas veñan ou non.

-         Se algún neno ten problemas alérxicos, tanto alimenticios coma de outro tipo, deberase comunicar na folla de solicitud do comedor e traer o xustificante médico.

-         Cando sexan enfermedades puntuais ( gastrointeritis…) se poderá solicitar unha dieta o mesmo día antes das 10:00 chamando a coordinadora do comedor.

-         Tódolos nenos que vaian a utilizar o comedor deben traer:

                - UN CHUVASQUEIRO ( TODOS)

                - MANDILÓN CO NOME ( NENOS DE E.I.)

                - CEPILLO DE DENTES ,PASTA E VASO ( TODOS)

                - BOTAS DE AUGA ( OPCIONAL)

                - MUDA COMPLETA ( OPCIONAL NENOS DE E.I.)

RECOLLERANSE AOS NENOS A PARTIR DAS 15:30 NO PATIO CUBERTO. NON SE PERMITE O ACCESO AO INTERIOR DO COLEXIO NIN A ESCOLA DE HOSTELERIA.

SE OS NENOS NON SON RECOLLIDOS POLOS PAIS, A PERSOA QUE VEÑA DEBERÁ TRAER UNHA AUTORIZACIÓN FIRMADA POR ELES CO D.N.I. . DO CONTRARIO  NON SE ENTREGARÁN OS NENOS.

 

CALQUERA DÚBIDA POÑERSE EN CONTACTO CA COORDINADORA DO COMEDOR MAMEN 662382294 DE  7:45 A 10:00 E DE 13:00 A 18:30
-----------------------
Se queredes gardar esta normativa do comedor, podédela descargar AQUÍ.
Se o voso fillo vai quedar TÓDOLOS MESES ó comedor ("comedor fixo"), descargade o formulario AQUÍ.
Se polo de agora vai quedar ó comedor o mes de Outubro, descargade o formulario AQUÍ.