Como xa temos informado a partir deste curso 2011/1012, o noso centro entrou a formar parte do programa ABALAR. Este ano incorpórase o alumnado de 5º de Primaria e o vindeiro será tamén para 6º de Primaria.
Para presentar o portal ABALAR para páis/nais e explicar o seu funcionamento teremos unha charla o vindeiro día 30 de novembro ás 18:30 h. Aproveitamos pois, para convidalos á mesma e animalos a que asistan.
Atentamente, José Miguéns Esparís.
domingo, 27 de novembro de 2011
xoves, 24 de novembro de 2011
NADAL XOGO. INSCRIPCIÓN
Está aberta a inscrición para o campamento de Nadal. Farase os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de Decembro e 2 ,3, 4 e 5 de Xaneiro dende as 9:00 horas ata as 16:00 horas. O procedemento de inscrición será o de sempre:
• apuntarse no taboleiro de anuncios
• facer o ingreso no NovaGalicia Banco: 2080-0349-82-3040002656 (4 euros/día/sen comida) (8 euros/día/con comida)
• entregarlle á coordinadora o justificante (Mamen)
A data límite de anotación é o 12 de Decembro do 2011.
ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE .(anpaceiplda@yahoo.es)

Etiquetas:
Actividades externas,
Comunicados
mércores, 16 de novembro de 2011
NADAL XOGO. DERRADEIRA OPORTUNIDADE
COMUNICADO ANPA
Como xa se comunicou con anterioridade, o Concello ofertou este ano un programa de conciliación para o nadal, que viría a sustituir aos ofertados polas ANPAS (os días 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro). Este servizo inclue madrugadores, obradoiros e comedor, de 7:45 a 15:30 a realizar en tres CEIP (Ramón Cabanillas, Pió XII e Fontifias).
A información que se trasladou foi un tanto confusa e apresurada (estaban tanteando a demanda que poderían ter) e o periodo de preinscripción rematou o 17 de outubro, non aceptando outras inscripcións posteriores, ainda quedando por cubrir 180 prazas das ofertadas inicialmente. Dende a Federación de ANPAS de Compostela estase tentando que admitan aos inscritos con posterioridade. No caso de que esto non sexa posíbel a ANPA do Lamas valorará a organización do campamento de nadal no colé como se fixo outros anos. Por todo isto necesitamos saber esta mesma semana se estades interesados neste servizo.
Nome Pai-Nai-Titor/a. Nome alumno/a
Interese no programa do Concello, preferencia por:
CEIP Ramón Cabanillas_, CEIP Pió XII_, CEIP Fontiñas_.
Servizo solicitado: Madrugadores_, obradoiros_, comedor_.
De non ser posíbel praza no programa municipal, interese no campamento de Lamas.
Días do campamento en Lamas.

Tedes máis información AQUÍ
Etiquetas:
Actividades externas,
Comunicados
luns, 17 de outubro de 2011
Concentración no Toural por unha educación de calidade
Comunicado aos PAIS /NAIS
Se vostede considera que:
1. Para que haxa unha verdadeira igualdade de oportunidades, debemos contar cun ensino público de calidade.
2. Reducindo os presupostos en educación como se está a facer nos últimos anos, non se consegue a excelencia educativa.
3. Contratando a menos profesores non se pode atender mellor ao alumnado.
4. A educación a pagamos todos e temos dereito a esixir un presuposto suficiente e rexeitar calquera recorte.
5. Que o profesorado necesita un tempo do seu horario para poder desenvolver labores como as actividades extraescolares xa que forman parte da formación do alumnado.
Entón vostede debería acompañarnos na concentración que terá lugar o día 18 de outubro ás 20:00 h. na Praza do Toural en Santiago. Nos sos faremos pouco pero coa unión de profesorado, alumnado e pais/nais seguro que moveremos conciencias e lograremos a escola pública que queremos e merecemos.
Esperámosvos a todos e todas

xoves, 13 de outubro de 2011
NADALXOGO 2011, ABERTO O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN
ABERTO O PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN NADALXOGO 2011
—Programa de Conciliación-
Preinscripción do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2011—Programa de Conciliación-
DATOS TÉCNICOS:
DATAS DE CELEBRACIÓN DO PROGRAMA
Decembro: 23, 26, 27, 28, 29, 30
Xaneiro: 2, 3 e 4
CENTROS DE ACTIVIDADES
— CEIP Ramón Cabanillas (Rúa José Antonio Souto Paz, 5)
— CEIP As Fontiñas (Rúa de Roma, 21)
— CEIP Pío XII (Poza de Bar, 15)
HORARIOS E SERVIZOS
Horario: de 7,45 h. ata ás 15,30 h.
Modalidades:
— De 7,45 ás 10 h. Servizo de Madrugadores
— De 10 ás 14 h. Obradoiros e Actividades
— De 14 ás 15,30 h. Servizo de Comedor
DESTINATARIOS
Poderá participar calquera neno ou nena que curse estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria de Santiago.Se existen praza vacantes, atenderanse outras solicitudes.
CRITERIOS DE ADMISIÓN
Estáblecese un límite de prazas diarias por centro, de acordo coas características do programa:
CEIP Ramón Cabanillas: 150 prazas
CEIP Pío XII: 150 prazas
CEIP As Fontiñas: 150 prazas
En caso de non cubrirse un número mínimo de participantes en cada escola, estimado en 20 matriculados, non se realizará a actividade.
Será prioritario a atención ás familias con nenos/as que soliciten a participación en todo o período de duración do programa.
Atenderanse solicitudes con carácter puntual no caso de existir prazas dispoñibles, unha vez finalizado o proceso de inscrición.
A inscrición no programa supón a aceptación e o compromiso das normas emitidas polo Concello de Santiago. O incumprimento das mesmas dará lugar á perda do dereito de participación neste programa municipal.
TIPO DE ACTIVIDADES
Módulo A; de estrutura fixa, na que se definen espazos arredor de obradoiros especializados como:
—Actividades de música e danza: para iniciar aos participantes no mundo da expresión musical e corporal.
—Actividade de Animación á lectura e promoción do libro: ten como finalidade achegar a lectura e a escritura aos nenos e nenas, desenvolvendo unha conciencia crítica e selectiva en relación coas lecturas.
—Obradoiros de educación ambiental: co obxectivo de fomentar prácticas e comportamentos ambientais, promovendo a información, a concienciación e a sensibilización da poboación escolar.
—Papiroflexia: na que se amosarán as técnicas e usos máis diversos e atractivos do papel, coa construción de elementos decorativas e xoias, caixas, animais, entre outros.
—Cociña: potenciando hábitos de coidado da saúde e da alimentación, mediante actividades e obradoiros didácticos nos que se afonden en todos aqueles elementos que teñan que ver coa alimentación saudable.
—Artes plásticas: pintura, modelado, debuxo, papel maché, entre outras, son diferentes técnicas a desenvolver neste espazo de expresión artística, que contribúe a desenvolver a sensibilidade estética.
Módulo B; completarase a proposta con actividades como:
—Itinerarios pola cidade: visitas de coñecemento a centros de interese ambiental, cultural ou de servizos da cidade.
—Actividades deportivas: de xeito puntual, os participantes terán a oportunidade de perfeccionar habilidades, a súa técnica en deportes e iniciarse noutros máis novidosos.
—Xogos populares e tradicionais: terán o obxecto de promocionar a recuperación e a posta en valor destes xogos.
PRE-INSCRICIÓN
—PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN
Do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2011
—FORMA DE PRE-INSCRICIÓN
Mediante o impreso correspondente, á súa disposición nos centros educativos, servizos municipais e na páxina web do Concello.
—LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), en persoa ou por correo certificado, baixo a epígrafe Programa de Conciliación NADALXOGO 2011. Ademais, poderán presentarse en calquera dos rexistros ou oficinas previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.
INFORMACIÓN
Concello de Santiago
Departamento de Educación e Xuventude
Tfnos: 981 554 400 - 401
Fax: 981 571 511
dptoeducacion@santiagodecompostela.org
www.santiagodecompostela.org
Podedes descargar o impreso de preinscripción xunto con toda esta información aquí
luns, 10 de outubro de 2011
ACTIVIDADES 2011-2012
KARATE
Horario. 1º, 2º e 3º, martes e xoves de 16:30 a 17:30 horas.
4º, 5º e 6º, martes e xoves de 17:30 a 18:30 horas
DIVERTIDANZA (EDUCACIÓN INFANTIL)
Horario., martes e xoves de 16:30 a 17:30 h.
Nas aulas de música ou pintura según disponibilidade
INFORMÁTICA
Aproximación ao emprego do ordenador, manexo de programas de debuxo
e escritura, xogos e acceso a internet.
Horario. 1º, 2º e 3º, luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas
4º, 5º e 6º, luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas.
FUTBIÑO
Horario. 1º, 2º e 3º, martes e xoves de 17:30 a 18:30 h
4º,5º e 6º, martes e xoves de 16:30 a 17:30 h.
Lugar: Pabillón
XIMNASIA RÍTMICA
Horario: de 1º a 6º, luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas.
Lugar: Tatami
PATINAXE
Horario. Educación Inf., 1º e 2º, luns e mércores de 16:30 a 17:30
3º,4º,5º e 6º, luns e mércores de 17:30 a 18:30.
Lugar: Pabillón.
INGLÉS
Nesta actividade, realízase unha aproximación á lingua inglesa a través do debuxo, de xogos e dinámicas grupais.
Horario: 1º,2º e 3º luns e mércores de 16:30 a 17:30 h.
4º,5º e 6º luns e mércores de 17:30 a 18:30 h.
XOGOS, EDUCACIÓN INFANTIL
Horario: Luns e mércores s de 16:30 a 17:30.
Lugar: Salón de Actos
CAPOEIRA
Horario: Educ. Inf. 1º e 2º, martes e xoves de 16:30 a 17:30
3º,4º,5º e 6º, martes e xoves de 17:30 a 18:30
Lugar: Salón de Actos
BAILE MODERNO
1º a 6º Luns e mércores de 16:30 a 17:30 h.
Lugar: Salón de actos
LUDOTECA
Horario de 16:30 a 18: 30 de luns a xoves.
Lugar: Ludoteca.
TARIFAS
Informática: 17 €.
Capoeira: 17 € .
Baile moderno: 17 € .
As demáis actividades: 15 € .
Tedes á vosa disposición o horario das actividades en versión táboa. Como neste espacio non se ve ben, podedes consultala, descargala ou imprimila no seguinte enlace:
Horario de actividades 2011-2012
martes, 13 de setembro de 2011
HORARIO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2011-2012
No seguinte enlace podedes consultar o horario e tarifas das actividades extraescolares para o curso 2011-2012.
CUOTAS E HORARIOS 2011-2012
*Para poder disfrutar dos servicios que ofrece a ANPA é obrigatorio pagar previamente a cuota de socio da ANPA, que son 27€ neste curso 2011-2012.
Actividades extraescolares
16:30 a 18:30
Consultar táboa de actividades
Campamentos de vacacións
9:00 a 16:00
4€ sen comida/ 8€ con comida
Comedor Servicio catering
nos meses de Xuño e Setembro
Ata as 16:00
6 €/día
Madrugadores
de 7:30 a 9:00
*Os nenos que vaian almorzar deberán estar no centro antes das 8:30 para que lles de tempo
1,70 €/día
Comedor Hostelería
5,30 €/día
*Recordamos ós páis que non poden acceder ó centro nin á escola de hostelería.
*Os nenos recóllense no patio cuberto a partir das 15:30 e ata as 16:30 (agás os venres, de 15:30 a 16:00)
*Tamén é obrigatorio o pago dun seguro para poder asistir a calquera destas actividades da ANPA. O custo é de 5€ e o seu pago efectuaráse no mes de Xaneiro.
Actividades extraescolares
16:30 a 18:30
Consultar táboa de actividades
Campamentos de vacacións
9:00 a 16:00
4€ sen comida/ 8€ con comida
Comedor Servicio catering
nos meses de Xuño e Setembro
Ata as 16:00
6 €/día
Madrugadores
de 7:30 a 9:00
*Os nenos que vaian almorzar deberán estar no centro antes das 8:30 para que lles de tempo
1,70 €/día
Comedor Hostelería
5,30 €/día
*Recordamos ós páis que non poden acceder ó centro nin á escola de hostelería.
*Os nenos recóllense no patio cuberto a partir das 15:30 e ata as 16:30 (agás os venres, de 15:30 a 16:00)
venres, 1 de xullo de 2011
Xeiras do IEM. Calendario
Interesantes propostas para este vran:
Querida familia e amig@s
Chega o verán e volven as Xeiras do IEM. O IEM é o Instituto de Estudos Miñoranos, Asociación cultural cuxos obxectivos son conservar e divulgar o patrimonio CULTURAL do Val Miñor e galego.
Para quen non me escoitara falar das Xeiras, son RUTAS guiadas por recoñecidos biólogos, arqueólogos etc, que levannos a percorrer o patrimonio natural, histórico, etnográfico, arquitectónico, artístico... do noso país.
Este é o décimo ano consecutivo que as organizan e como sempre haberá dous bloques de xeiras. Un bloque localízase dentro dos tres concellos miñorás (Val Miñor: Baiona, Nigrán e Gondomar) e un segundo bloque de xeiras de arte rupestre fora dos lindes do Miñor.
Polo que poderíase organizar algunha destas saídas.
Podedes consultar o calendario AQUÍ
mércores, 1 de xuño de 2011
CAMPAMENTO ITACA
Por si é do voso interese, o campamento de Ítaca.
Unha aperta. Bea.
Ola a todos e todas!
Por fin chegou a noticia que estabades esperando! Xa está todo listo para
o CAMPAMENTO de verán!
ONDE?....12 anos despois Itaca volve a ANTAS DE ULLA! O sitio de
acampada concretamente será en Frádegas, na parroquia de Santa Mariña ( a
uns 9 quilómetros de Antas).
CANDO? do 15 ao 29 de xullo. Esta vez estaremos dúas semanas enteiriñas!
PREZO- 100 € SOCI@S e 200 € NON SOCI@S.
PRAZAS- 35 prazas
PRAZO- ábrese o prazo XA para soci@s e o 1 de xuño ábrese para todo o mundo!
Para apuntarse só hai que enviar un correo a este enderezo reservando
praza e facendo o ingreso antes do 15 de xuño neste número de conta: 2091
0316 91 3040009104 co concepto: Campamento Itaca e o nome d@s nen@s.
Non vos quededes durmidos e reservade xa! pois este ano contamos con
cubrir todas as prazas!

MAGNÍFICAS AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO
No DOG de hoxe publícanse as convocatorias de axudas para os libros de texto, mándovos os enlaces:
Primeiro o que fixa a sistemática para reposición de libros en 3º e 4º de primaria:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110531/AnuncioC3F1-300511-2096_gl.html
Logo, a subvención para libros de 1º, 2º, 5º e 6º
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110531/AnuncioC3F1-300511-2090_gl.html
E por último a subvención para os libros que cambian de idioma en 3º e 4º
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110531/AnuncioC3F1-300511-2095_gl.html
Como veredes, ordes hai moitas, e diñeiro pouco.
Que vos divirtades léndoas.

luns, 23 de maio de 2011
ASAMBLEA, RECTIFICACIÓN DA DATA
Nestes días enviamos polos nenos unha convocatoria para una asamblea. Houbo un erro e anunciaba que tería lugar o xoves 25. Rectificamos a data: é o día 25, mércores.
Esperámosvos.
Esperámosvos.
ACTIVIDADE GRATUITA: XORNADAS DE PORTAS ABERTAS AO WATERPOLO
Dende o club Waterpolo Santiago estanse organizando unhas xornadas de portas abertas na piscina de Sar, para dar a coñecer este deporte entre os nenos de 7 a 14 anos.
E unha actividade gratuita na que os nenos poden probar libremente e ver se lles gusta ou non, só teñen que incribirse tal e como se indica na información descargable aquí .
E unha actividade gratuita na que os nenos poden probar libremente e ver se lles gusta ou non, só teñen que incribirse tal e como se indica na información descargable aquí .
ANUNCIO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA, BASES E CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR
Amparo Verdú , das Concellarías de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago, remitiu á nosa ANPA o anuncio no BOP relativo ás bolsas de comedor escolar para o vindeiro curso 2011/2012.
BOP múm. 82, do 2 de maio de 2011
Concellarías de Benestar Social e Igualdade. Área de Benestar Social
2011/5801 Bases e convocatoria de bolsas de comedor escolar para o curso 2011/2012
Impresos de solicitude
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 02/05/2011 ao 20/05/2011, ambos os dous incluídos.

ESCOLA DE VERÁN DE INGLES: ENGLISH SUMMER SCHOOl 2011
A Concellería de Educación pon en marcha unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés (English Summer School), convertida xa nunha actividade clásica dos veráns en Compostela. Desenvolverase do 1 ao 29 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no IES Rosalía de Castro. Non obstante, a recepción farase diariamente dende as 8:15 horas.
A titular de Educación, Mercedes Rosón, anunciou a apertura do prazo de inscrición na Escola dende o sábado 21 de maio ao luns 6 de xuño, se ben se manterá aberta a posibilidade de participar ata que haxa prazas. Inicialmente hai 200 prazas, ampliables ata 250 se houbera demanda suficiente. A proposta está dirixida a estudantes empadroados en Santiago de 1º de primaria a 2º da ESO (ambos inclusive). Segundo sexa o seu nivel de inglés serán logo incluídos nun ou noutro grupo.
A Escola Municipal de Verán de Inglés combina as clases de inglés con obradoiros lúdicos, para aproveitar o tempo de actividade non escolar e practicar e mellorar o nivel de inglés, á vez que os rapaces utilizan este tempo para procurar novas relacións socializadoras. As xornadas dividiranse en tres bloques: un primeiro, a primeira hora da mañá, coa clase de inglés, como reforzo do aprendido durante o curso; un segundo de obradoiros adaptados a cada nivel; e un terceiro bloque con actividades lúdicas diversas, tales como saídas, xogos, manualidades ou contacontos.
Os obradoiros serán impartidos integramente en inglés, igual que o resto de actividades. Son moitas as opcións: creación literaria, cancións, teen life, magazine, role plays, artes plásticas, cociña elemental, xogos de linguaxe, english workshops, actividades deportivas ou xincanas. Tamén se realizarán saídas a lugares coma o mercado, os servizos do Concello, os museos ou calquera outro que se poida determinar.
Cada alumno recibirá, entre outros materiais, unha mochila e unha carpeta na que poderán gardar toda a información se lles vaia facilitando ao longo do curso, unha guía didáctica, un manual para pais e nais e, ao final, o correspondente diploma de participación.
Matrícula mensual ou quincenal
O prezo da matrícula para todo o curso (do 1 ao 29 de xullo) será de 160 euros. Aqueles que participen só durante unha quincena pagarán 100 euros. En ambos casos están fixados descontos do 20% para os que acrediten ser familia numerosa ou para os segundos ou posteriores membros da unidade familiar inscritos na Escola.
Os interesados teñen que presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello (rúa Presidente Salvador Allende, 4 – baixo) ou nos rexistros auxiliares dos centros socioculturais de Fontiñas e do Ensanche. Máis información nesta web, nos teléfonos 981 554 400/401, no fax 981 571 511 ou na dirección electrónica dptoeducacion@santiagodecompostela.org.
A Concellería de Educación informará da obtención de praza unha vez rematado o prazo de inscrición. A matrícula quedará formalizada unha vez realizado o pagamento correspondente nos prazos establecidos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)