domingo, 27 de novembro de 2011

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA ABALAR

Como xa temos informado a partir deste curso 2011/1012, o noso centro entrou a formar parte do programa ABALAR. Este ano incorpórase o alumnado de 5º de Primaria e o vindeiro será tamén para 6º de Primaria.

Para presentar o portal ABALAR para páis/nais e explicar o seu funcionamento teremos unha charla o vindeiro día 30 de novembro ás 18:30 h. Aproveitamos pois, para convidalos á mesma e animalos a que asistan.

Atentamente, José Miguéns Esparís.