ABERTO O PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN NADALXOGO 2011
—Programa de Conciliación-
Preinscripción do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2011—Programa de Conciliación-
DATOS TÉCNICOS:
DATAS DE CELEBRACIÓN DO PROGRAMA
Decembro: 23, 26, 27, 28, 29, 30
Xaneiro: 2, 3 e 4
CENTROS DE ACTIVIDADES
— CEIP Ramón Cabanillas (Rúa José Antonio Souto Paz, 5)
— CEIP As Fontiñas (Rúa de Roma, 21)
— CEIP Pío XII (Poza de Bar, 15)
HORARIOS E SERVIZOS
Horario: de 7,45 h. ata ás 15,30 h.
Modalidades:
— De 7,45 ás 10 h. Servizo de Madrugadores
— De 10 ás 14 h. Obradoiros e Actividades
— De 14 ás 15,30 h. Servizo de Comedor
DESTINATARIOS
Poderá participar calquera neno ou nena que curse estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria de Santiago.Se existen praza vacantes, atenderanse outras solicitudes.
CRITERIOS DE ADMISIÓN
Estáblecese un límite de prazas diarias por centro, de acordo coas características do programa:
CEIP Ramón Cabanillas: 150 prazas
CEIP Pío XII: 150 prazas
CEIP As Fontiñas: 150 prazas
En caso de non cubrirse un número mínimo de participantes en cada escola, estimado en 20 matriculados, non se realizará a actividade.
Será prioritario a atención ás familias con nenos/as que soliciten a participación en todo o período de duración do programa.
Atenderanse solicitudes con carácter puntual no caso de existir prazas dispoñibles, unha vez finalizado o proceso de inscrición.
A inscrición no programa supón a aceptación e o compromiso das normas emitidas polo Concello de Santiago. O incumprimento das mesmas dará lugar á perda do dereito de participación neste programa municipal.
TIPO DE ACTIVIDADES
Módulo A; de estrutura fixa, na que se definen espazos arredor de obradoiros especializados como:
—Actividades de música e danza: para iniciar aos participantes no mundo da expresión musical e corporal.
—Actividade de Animación á lectura e promoción do libro: ten como finalidade achegar a lectura e a escritura aos nenos e nenas, desenvolvendo unha conciencia crítica e selectiva en relación coas lecturas.
—Obradoiros de educación ambiental: co obxectivo de fomentar prácticas e comportamentos ambientais, promovendo a información, a concienciación e a sensibilización da poboación escolar.
—Papiroflexia: na que se amosarán as técnicas e usos máis diversos e atractivos do papel, coa construción de elementos decorativas e xoias, caixas, animais, entre outros.
—Cociña: potenciando hábitos de coidado da saúde e da alimentación, mediante actividades e obradoiros didácticos nos que se afonden en todos aqueles elementos que teñan que ver coa alimentación saudable.
—Artes plásticas: pintura, modelado, debuxo, papel maché, entre outras, son diferentes técnicas a desenvolver neste espazo de expresión artística, que contribúe a desenvolver a sensibilidade estética.
Módulo B; completarase a proposta con actividades como:
—Itinerarios pola cidade: visitas de coñecemento a centros de interese ambiental, cultural ou de servizos da cidade.
—Actividades deportivas: de xeito puntual, os participantes terán a oportunidade de perfeccionar habilidades, a súa técnica en deportes e iniciarse noutros máis novidosos.
—Xogos populares e tradicionais: terán o obxecto de promocionar a recuperación e a posta en valor destes xogos.
PRE-INSCRICIÓN
—PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN
Do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2011
—FORMA DE PRE-INSCRICIÓN
Mediante o impreso correspondente, á súa disposición nos centros educativos, servizos municipais e na páxina web do Concello.
—LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), en persoa ou por correo certificado, baixo a epígrafe Programa de Conciliación NADALXOGO 2011. Ademais, poderán presentarse en calquera dos rexistros ou oficinas previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.
INFORMACIÓN
Concello de Santiago
Departamento de Educación e Xuventude
Tfnos: 981 554 400 - 401
Fax: 981 571 511
dptoeducacion@santiagodecompostela.org
www.santiagodecompostela.org
Podedes descargar o impreso de preinscripción xunto con toda esta información aquí