Estimadas
familias:
Xa
podedes consultar toda a información do campamento de nadal 2023.
O
campamento ofrécese os días 22, 26, 27 28 e 29 de decembro e 2, 3 4
e 5 de xaneiro.
Horarios
e prezos:
De
7:30 a 9:00 ( madrugadores: 1,90 euros por día). Opcional
De
9:00 a 14:00 ( actividades : 6 euros por día)
De
14:00 a 16:00 ( xantar: 5,7 euros por día). Opcional.
É
preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia
alimentaria ou alerxia.
Servizos
Madruga e Comedor:
Os
servizos de madruga e o xantar son opcionais, e ofreceránse no caso
de chegar a un mínimo de 8 nenos ou nenas inscritos. No madruga,
poderán anotarse con almorzo ou sen almorzo cubrindo o formulario
que se adxunta.
O
servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola.
Será preciso informar á
coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Preinscrición.
Ofértanse
un total de 70 prazas.
A
reserva
farase dende o
luns,
13
de novembro
(non
se admitirán formularios que cheguen antes dese día),
ata o
luns,
4
de decembro.
Haberá
que cubrir o formulario de preinscrición adxunto e envialo á
coordinadora por correo electrónico (coordinadoralamas@gmail.com)
ou
entregarllo en man.
Informarase
sobre a adxudicación
de praza o luns,
11
de decembro.
Terán
preferencia as reservas con maior número de días solicitados.
Inscrición
Unha
vez dado o aviso de adxudicación de praza,
deberá
facerse
o ingreso antes do
luns,
18
de
decembro.
Daranse
instrucións sobre
como formalizar o pago
cando
se avise da adxudicación de praza.
Necesítase
un mínimo de 15
alumnos/as fixos para realizar o campamento.
Para realizar os servizos de madrugadores e comedor é necesario un
mínimo de 8
nenos/as inscritos nos mesmos.
Desenvolvemento
do servizo.
O
horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de
9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.
O
horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se
xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios,
recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de
chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de
recollida especificada nas normas xerais da ANPA.
Tanto
para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao
recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón
municipal, que unicamente estará aberta de 7:30 a
10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta
do salón de actos situada no patio cuberto.
As
rutinas diarias serán as seguintes:
De
9:00 a 10:00 Recepción.
De
10:00 a 10:30 Movemos o corpo.
De
10:30 a 11:00 Cancións de campamento.
De
11:00 a 11:30 Hora da merenda.
De
11:30 a12:00 Descanso.
De
12:00 a 13:45 Actividades previstas para ese día.
De
13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás
familias.
De
14.00 a 15:00 Xantar (de ser o caso)
De
15.00 a 16.00 Xogo libre.
ÁS
16.00 Remate da xornada.
Actividades:
Haberá
distintas actividades: xogos, deportes variados, talleres creativos e
manualidades.
Á
hora de realizar os obradoiros terase en conta que se adapten aos
rapaces, empregando sempre materiais que non sexan perigosos e que
sexan axeitados para as necesidades de cada neno ou nena. Procurarase
en cada actividade a integración e a participación activa de todos
e todas as participantes, de xeito que as xornadas do Campamento de
verán provoquen unha actitude de colaboración, cooperación e
participación que fomente unha boa convivencia e un sentimento de
compañeirismo.
Para
calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto coa ANPA
ou coa coordinadora.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN.