Estimadas familias:
Pola presente convócase a 1ª Asemblea Xeral Ordinaria de persoas socias da Asociación de Nais e Pais do CEIP Lamas de Abade.
Día: Venres, 27 de outubro de 2023.
Hora: 16:00 (Primeira convocatoria) 16:30 (2º convocatoria)
Lugar: Salón de actos do CEIP Lamas de Abade
ORDE DO DÍA:
Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. Con esta convocatoria achégase a acta da última reunión da Asemblea Xeral (08/06/2023) para que as persoas socias poidan realizar alegacións ou precisións á mesma.
Información sobre o estado de contas da Asociación.
Información sobre o inicio do curso e funcionamento dos servizos ofertados pola ANPA.
Información sobre o tratado no último Consello Escolar e medidas a tomar.
Aprobación da incorporación de novas persoas socias á Xunta Directiva
Formación de equipas de traballo
Rogos e preguntas
Ese día, as familias que o precisen poderán facer uso dun servizo de ludoteca, de xeito gratuíto e previa reserva. Se ides facer uso deste servizo indicádeo a través dun correo ao enderezo electrónico da ANPA anpaceiplda@gmail.com.
Nota: De acordo co artigo 24 dos Estatutos que regulan esta asociación, as asembleas quedarán validamente constituídas en 1ª convocatoria cando estean presentes a maioría dos socios/as e en 2ª convocatoria, sexa cal sexa o número de socios/as presentes, polo que a Asemblea non poderá comezar até as 16:30. Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables a estes efectos os votos en branco nin as abstencións.