Estimadas familias:
O próximo xoves, 8 de xuño, ás nove da mañá, abrirase o prazo para facer a inscrición nas actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o curso 2023/2024. O prazo remata o venres, 23 de xuño, ás 16:00 h.
Non se admitirán solicitudes presentadas antes de tempo. Unha vez rematado o período de inscrición, á maior brevidade posible, comunicarase ás familias en que actividades teñen praza.
Recordade que para que unha actividade poida desenvolverse, deberá ter un mínimo de 10 inscricións. O número máximo de usuarios ven reflectido no cadro que achegamos.
Como en cursos anteriores, as prazas asignaranse segundo a orde de inscrición, tendo preferencia aquelas persoas que estiveran anotadas na actividade o último curso no que se realizaron.
O pagamento das actividades extraescolares ofertadas pola ANPA realizarase mensualmente, entre os días 1 e 10 de cada mes.
O formulario para inscribirse nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA enviarase por correo electrónico á coordinadora da ANPA (Mamen) (coordinadoralamas@gmail.com) ou entregaráselle en formato papel.
A inscrición nas actividades supón a aceptación das normas xerais da ANPA que podedes consultar no blog, no apartado de Normas Xerais. Polo tanto, segundo o establecido no apartado G, punto 1, aquelas persoas que non sexan socias da ANPA deberán abonar 27 € en concepto de matrícula. Ao comezo do curso enviarase o formulario para todos aqueles que desexen facerse socios da ANPA.
O comezo das actividades organizadas pola ANPA será o luns, 2 de outubro.
Xunto con esta comunicación, achegamos o dosier con toda a información sobre cada unha das actividades ofertadas pola ANPA e o formulario para inscribirse.
FORMULARIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES
Saúdos