xoves, 27 de abril de 2023

Veladas Nocturnas no CEIP Lamas de Abade.

Estimadas familias:

Este curso queremos recuperar unha actividade que se viña facendo en tempos pasados. A ANPA do Ceip Lamas de Abade porá en marcha, este verán, a Velada Nocturna. Trátase de facer unha acampada dentro do Colexio. As monitoras prepararán unha noite moi divertida e diferentes para aqueles nenos e nenas que queiran participar.

A esta actividade poderán acudir os nenos e as nenas de infantil e primaria.

Faranse dúas Veladas Nocturnas, unha, o 29 de xuño e a outra, o 13 de xullo. Das 20:00 ás 9:00 do día seguinte.

Podedes consultar no formulario de preinscrición o prezo da Velada Nocturna.

Preinscrición.

Ofértanse un total de 40 prazas.

A reserva farase dende o venres , 28 de abril (non se admitirán formularios que cheguen antes dese día), ata o luns, 15 de maio.

Haberá que cubrir o formulario de preinscrición adxunto e envialo á coordinadora por correo electrónico (coordinadoralamas@gmail.com) ou entregarllo en man.

Informarase sobre a adxudicación de praza o luns, 22 de maio. A adxudicación de prazas farase segundo orden de entrega deste formulario. Terán preferencia as reservas dos usuarios do Campamento de verán e destes os que teñan maior número de días solicitados.

Unha vez dado o aviso de adxudicación de praza, deberá facerse o ingreso antes do venres, 26 de maio. Daranse instrucións de como formalizar o pago cando se avise da adxudicación de praza.

Necesítase un mínimo de 20 alumnos/as cada un dos días para realizar a Velada.

Segundo as Normas Xerais da ANPA , para participar en calquera actividade organizada pola ANPA, será necesario pagar unha matrícula anual. O pagamento desta matrícula poderá ser considerada como cota de familia socia. Achegamos o formulario de socio.

Para calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto coa ANPA ou coa coordinadora Mamen.

Un saúdo

FORMULARIO PREINSCRICIÓN

COMUNICADO INFORMATIVO PARA ÁS FAMILIAS