xoves, 27 de abril de 2023

Campamento de verán.

Estimadas familias:

Xa podedes consultar toda a información do campamento de verán 2023. O prazo de preinscrición comezará o venres, 28 de abril.

O campamento ofrécese os días 22 e 23 de xuño, do 26 ao 30 de xuño e os días do mes de xullo, de luns a venres, agás o martes 25 de xullo que é festivo. Os nenos tamén poderán desfrutar do campamento o 1 e do 4 ao 8 de setembro.

Pódense consultar os prezos do servizo de madruga, comedor e actividades no documento Formulario de preinscrición.

Preinscrición.

Ofértanse un total de 70 prazas.

A reserva farase dende o venres, 28 de abril (non se admitirán formularios que cheguen antes dese día), ata o luns, 15 de maio.

Haberá que cubrir o formulario de preinscrición adxunto e envialo á coordinadora por correo electrónico (coordinadoralamas@gmail.com) ou entregarllo en man.

Informarase sobre a adxudicación de praza o luns, 22 de maio. Terán preferencia as reservas con maior número de días solicitados, é dicir, as reservas de quincenas terán preferencia sobre as de semana e estas a terán por riba dos días soltos.

Unha vez dado o aviso de adxudicación de praza, deberá facerse o ingreso antes do venres, 26 de maio. Daranse instrucións de como formalizar o pago cando se avise da adxudicación de praza.

Necesítase un mínimo de 15 alumnos/as fixos en cada unha das quendas para realizar o campamento. Para realizar os servizos de madrugadores e comedor é necesario un mínimo de 8 nenos/as inscritos nos mesmos.

Segundo as Normas Xerais da ANPA , para participar en calquera actividade organizada pola ANPA, será necesario pagar unha matrícula anual. O pagamento desta matrícula poderá ser considerada como cota de familia socia.

Un saúdo

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

COMUNICADO PARA ÁS FAMILIAS