Estimadas familias:
A UMAD propóñenos o Taller "Sinalando límites"
PRETENDEMOS. Desde a nosa experiencia de anos de traballo no campo da prevención das drogodependencias, sabemos da capacidade preventiva que ten a familia, por iso queremos proporcionarlles estratexias e información aos pais e nais que:
- lles axuden a ensinar as súas regras de forma clara e sinxela.
- melloren a súa comunicación e estabelezan uns límites cos nenos e nenas.
- potencien os recursos preventivos que xa posúen os pais e nais.
TRATARANSE os seguintes temas: as dificultades que atopamos, as normas da casa o que permitimos e o que non, os métodos que funcionan.
DATA: 2 sesións de 2 horas de duración que se impartirían os xoves, 23 de febrero e 2 de marzo.
LUGAR: salón de actos do CEIP Lamas de Abade.
HORA: de 16:30 a 18:30.
PONENTE: María José Blanco Freire. Psicóloga responsábel do programa de atención a adolescentes da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago de Compostela (UMAD).
Se estades interesados en participar deberedes de enviar un correo antes do luns, 20 de febreiro.
Se necesitades servicio de garda indicádeo no correo, sempre e cando non vaiades a deixar aos nenos/nenas na biblioteca. Para poder organizar o servizo necesítase un mínimo de 5 nen@s inscritos.
Moitas grazas por participar.
Saúdos.