xoves, 9 de febreiro de 2023

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de Semana Santa organizado pola ANPA do CEIP Lamas de Abade.

Estimadas familias:

 

Xa está aberta a inscrición para o campamento de Semana Santa do curso 2022/2023.

 

Horario e prezos:

 

De 7:30 a 9:00 (madrugadores: con almorzo 2 €/día; sen almorzo 1,90 €/día). Servizo opcional.

 

De 9:00 a 14:00 (actividades: 6 €/día)

 

De 14:00 a 16:00 (xantar: 6 €/día). Servizo opcional.

 

O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola e será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.

 

Para que o campamento de Semana Santa se leve a cabo será preciso que haxa un mínimo de 10 nenos anotados. Tanto para o servizo de madrugadores como para o servizo de xantar, terá que haber un mínimo de 5 solicitudes para que se fagan.

 

Formalización da inscrición.

 

Deberá facerse o ingreso na conta de ABANCA: ES80 2080 0349 8230 4000 2656.

 

O xustificante de pago, xunto co formulario debidamente cuberto, enviarase á coordinadoralamas@gmail.com. Tamén se lle pode entregar en man.

 

A data límite para anotarse será o venres, 17 de marzo do 2023.

A reserva ordenarase pola data de pagamento e o número máximo de usuarios será de 50.

 

Desenvolvemento do servizo.

 

O Campamento de Semana Santa desenvolverase os días 3, 4, 5 e 10 de abril do 2023.

 

O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.

O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.

 

Tanto para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal, que únicamente estará aberta de 7:30 a 10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos situada no patio cuberto.

 

As rutinas diarias serán as seguintes: 

De 9: 00 a 10:00 Recepción.

De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.

De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.

De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.

De 11:30 a12:00 Descanso.

De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.

De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias. 

De 14.00 a 15:00 Xantar

De 15.00 a 16.00 Xogo libre.

ÁS 16.00 Remate da xornada.

 

Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións de campamento. Dedicarase o tempo a facer múltiples xogos (xogos populares, olimpíadas infantís, etc) e haberá obradoiros diversos, manualidades para que os nenos e nenas poñan en práctica a súa imaxinación e creatividade. As actividades dependerán do número de nenos/as que haxa cada día, das súas idades e dos gustos de cada un. 

 

Podedes descargar o formulario de inscrición premendo aquí.

 

Un saúdo.