venres, 17 de febreiro de 2023

Menús do mes de marzo de 2023.

Estimadas familias: 

 

Xa podedes consultar os menús do mes de marzo.

Recordade que podedes acceder a estes, e os dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.

Un saúdo.

Taller gratuito "xogos tradicionais" 10 de marzo no CEIP Lamas de Abade.

Prezadas familias:


Dentro do programa " Corresponsables USC", a Universidades de Santiago de Compostela, a través da empresa Enredos, invita a os nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP Lamas de Abade a un xornada na que poderán desfrutar de xogos tradicionais.
Levarase a cabo no patio de comunnas do colexio o venres, 10 de marzo, de 16:30 a 18:30. 
É necesaria unha inscrición previa, aquí tendes o enlace:



NOTA: Se as familias so van anotar a un neno ou nena despois de engadir os datos deben pulsar no botón "engadir novo participante" para que se garden os datos e despois confirmar con normalidade. 

Saúdos

mércores, 15 de febreiro de 2023

Taller "Sinalando límetes" organizado pola ANPA para pais e nais do Ceip Lamas de Abade. Recibidos

Estimadas familias:

 

A UMAD propóñenos o Taller "Sinalando límites"


A maioría dos pais e nais estamos sinceramente motivados para ser eficaces na educación dos noso fillos e fillas, queremos que estes cooperen e sexan responsbles, peros ás veces nos é tan doado como parece ou as nosas estratexias non teñen os resultados que desexariamos.

Acabar coa conduta inadecuada e ensinar unhas regras de xeito claro e comprensible... é posible sen perder a voz, a paciencia e a compostura?? E sen cansarse de repetir as cousas?? E sen botar man de ameazas, reprimendas, persuasión e discusións??

PRETENDEMOS. Desde a nosa experiencia de anos de traballo no campo da prevención das drogodependencias, sabemos da capacidade preventiva que ten a familia, por iso queremos proporcionarlles estratexias e información aos pais e nais que:

  •  lles axuden a ensinar as súas regras de forma clara e sinxela.
  •  melloren a súa comunicación e estabelezan uns límites cos nenos e nenas.
  •  potencien os recursos preventivos que xa posúen os pais e nais.

TRATARANSE os seguintes temas: as dificultades que atopamos, as normas da casa o que permitimos e o que non, os métodos que funcionan.

DATA: 2 sesións de 2 horas de duración que se impartirían os xoves, 23 de febrero e 2 de marzo.

LUGAR: salón de actos do CEIP Lamas de Abade.

HORA: de 16:30 a 18:30.

PONENTE: María José Blanco Freire. Psicóloga responsábel do programa de atención a adolescentes da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago de Compostela (UMAD).

Se estades interesados en participar deberedes de enviar un correo antes do luns, 20 de febreiro.

Se necesitades servicio de garda indicádeo no correo, sempre e cando non vaiades a deixar aos nenos/nenas na biblioteca. Para poder organizar o servizo necesítase un mínimo de 5 nen@s inscritos.

Moitas grazas por participar.

Saúdos.

xoves, 9 de febreiro de 2023

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de Semana Santa organizado pola ANPA do CEIP Lamas de Abade.

Estimadas familias:

 

Xa está aberta a inscrición para o campamento de Semana Santa do curso 2022/2023.

 

Horario e prezos:

 

De 7:30 a 9:00 (madrugadores: con almorzo 2 €/día; sen almorzo 1,90 €/día). Servizo opcional.

 

De 9:00 a 14:00 (actividades: 6 €/día)

 

De 14:00 a 16:00 (xantar: 6 €/día). Servizo opcional.

 

O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola e será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.

 

Para que o campamento de Semana Santa se leve a cabo será preciso que haxa un mínimo de 10 nenos anotados. Tanto para o servizo de madrugadores como para o servizo de xantar, terá que haber un mínimo de 5 solicitudes para que se fagan.

 

Formalización da inscrición.

 

Deberá facerse o ingreso na conta de ABANCA: ES80 2080 0349 8230 4000 2656.

 

O xustificante de pago, xunto co formulario debidamente cuberto, enviarase á coordinadoralamas@gmail.com. Tamén se lle pode entregar en man.

 

A data límite para anotarse será o venres, 17 de marzo do 2023.

A reserva ordenarase pola data de pagamento e o número máximo de usuarios será de 50.

 

Desenvolvemento do servizo.

 

O Campamento de Semana Santa desenvolverase os días 3, 4, 5 e 10 de abril do 2023.

 

O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.

O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.

 

Tanto para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal, que únicamente estará aberta de 7:30 a 10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos situada no patio cuberto.

 

As rutinas diarias serán as seguintes: 

De 9: 00 a 10:00 Recepción.

De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.

De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.

De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.

De 11:30 a12:00 Descanso.

De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.

De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias. 

De 14.00 a 15:00 Xantar

De 15.00 a 16.00 Xogo libre.

ÁS 16.00 Remate da xornada.

 

Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións de campamento. Dedicarase o tempo a facer múltiples xogos (xogos populares, olimpíadas infantís, etc) e haberá obradoiros diversos, manualidades para que os nenos e nenas poñan en práctica a súa imaxinación e creatividade. As actividades dependerán do número de nenos/as que haxa cada día, das súas idades e dos gustos de cada un. 

 

Podedes descargar o formulario de inscrición premendo aquí.

 

Un saúdo.

Anulación do campamento de Entroido organizado pola ANPA do CEIP Lamas de Abade.

 Estimadas familias:

Sentimos comunicar que o campamento de Entroido non se poderá realizar por non chegar ningún dos días aos 10 participantes necesarios.

Saúdos.