Estimadas familias:
Xa podedes consultar os menús do mes de xaneiro.
Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.
Un saúdo.
Estimadas familias:
Xa podedes consultar os menús do mes de xaneiro.
Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.
Un saúdo.
Prezadas familias:
Desexámosvos un bo Nadal e un feliz ano novo, repleto de cousas importantes, das que chegan ao corazón.
Saúdos.
Prezada Comunidade do CEIP Lamas se Abade:
Xa está todo organizado, levamos semanas traballando e hoxe faranse os últimos preparativos e montaxe, ímolo pasar moi ben!
Queríamos aclarar, por si alguén ten a dúbida, que o vale para o chocolate con churros non é unha entrada á festa, calquera membro da comunidade educativa pode vir. O vale só sirve para intercambialo por 1 chocolate con churros.
Pedimos a todos e a todas os que tendes vales responsabilidade no uso, todos os vales entregados, se usen ou non, teñen un custo. Se alguén pensa que, por calquera razón, ao final non os va precisar, pregamos nolo comunique e poder así entregalos a outra xente que acuda sen vales e poda tamén desfrutar da chocolatada, que non se perdan vales! Animamos a aqueles que non conseguiran vales que acudan igualmente a desfrutar da festa e cando cheguen os pidan, hai vales que non se recolleron ou anuláronse. Entregaranse ata esgotarse.
Para que podamos desfrutar da festa e que non xurda ningún problema queriamos darvos algunhas indicacións:
* A rapazada debe vir acompañada dun adulto que se responsabilice dela durante toda a festa.
* Accederase ao patio de columnas pola porta lateral do recinto, a que comunica co pavillón. A festa dará comezo as 17:30. Ata esa hora, os monitores e os voluntarios estarán organizando e montando todo para a festa.
* Imos a ser moitos e todos coñecemos o tamaño do aparcadoiro e os problemas que diariamente xorden , non hai prazas para todos e un coche mal aparcado pode dificultar moito a circulación. Pedimos que na medida do posible a xente veña a pé.
*A festa farase no patio de columnas, intentemos entre todos deixar limpo todo, haberá contenedores para depositar o lixo.
* Fagamos un uso responsable das instalacións do colexio e dos baños. Só se poderá acceder ao edificio do colexio para o uso dos baños da planta baixa (accédese a eles dende o patio de columnas)
* Recordade que non se pode fumar en todo o recinto escolar.
* Se vos apetece, traede algunha vestimenta ou complemento de Nadal.
* Non esquezades traer impresas as letras das panxoliñas. Achegamos as letras e os enlaces para poder escoitalas.
Estimadas familias:
Aquí tendes os enlaces ás panxoliñas que se van interpretar da festa de Nadal. Levan a un vídeo para poder escoitalas. Son:
Estimadas familias:
Xa podedes consultar os menús do mes de decembro.
Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.
Un saúdo.
Estimadas familias:
Estimadas familias:
Estimadas familias:
Xa está aberta a inscrición para o campamento de Nadal 2022/2023.
Horario e prezos:
De 7:30 a 9:00 (madrugadores: con almorzo 2 €/día; sen almorzo 1,90 €/día). Servizo opcional.
De 9:00 a 14:00 (actividades: 6 €/día)
De 14:00 a 16:00 (xantar: 6 €/día). Servizo opcional.
O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola e será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.
Para que o campamento de Nadal se leve a cabo será preciso que haxa un mínimo de 10 nenos anotados.
Formalización da inscrición.
Deberá facerse o ingreso na conta de ABANCA: ES80 2080 0349 8230 4000 2656.
O xustificante de pago, xunto co formulario debidamente cuberto, enviarase á coordinadora Mamen por correo electrónico ao enderezo coordinadoralamas@gmail.com. Tamén poderáselle entregar en man.
A data límite para anotarse será o venres, 9 de decembro do 2022.
A reserva ordenarase pola data de pagamento e o número máximo de usuarios será de 50.
Desenvolvemento do servizo.
O Campamento de Nadal desenvolverase os días 23,26,27,28,29 e 30 de decembro do 2022 e os días 2,3,4 e 5 de xaneiro do 2023.
O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Tanto para a entrada como para a
saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que
está ao lado do pavillón municipal, que únicamente estará aberta de
7:30 a 10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do
salón de actos situada no patio cuberto.
As rutinas diarias serán as seguintes:
De 9: 00 a 10:00 Recepción.
De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.
De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.
De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.
De 11:30 a12:00 Descanso.
De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.
De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias.
De 14.00 a 15:00 Xantar
De 15.00 a 16.00 Xogo libre.
ÁS 16.00 Remate da xornada.
Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións de campamento. Os luns estarán dedicados a facer múltiples xogos (xogos populares, olimpíadas infantís, etc). O resto da semana haberá obradoiros diversos, manualidades para que os nenos e nenas poñan en práctica a súa imaxinación e creatividade, cine, teatro. Tamén realizaremos outro tipo de actividades como bailes, murais, escenas con plastilina, que dependerán do número de nenos que haxa cada día, das súas idades e dos gustos de cada un.
Un saúdo.
Estimadas familias:
Xa podedes consultar os menús do mes de novembro.
Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.
Un saúdo.
Estimadas familias:
Convócase a 1º Asemblea Ordinaria Xeral de persoas socias da Asociación de Nais
e Pais do CEIP Lamas de Abade do curso 2022-2023.
Día: Xoves, 6 de outubro de 2022.
Hora: 16:00 (1ª convocatoria) 16:30 (2ª convocatoria)
Lugar: Salón de actos de CEIP Lamas de Abade.
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación da Acta da Asemblea Ordinaria do 21/10/2021 e da Acta da Asemblea Extraordinaria
do 21/06/2022 .
2. Información sobre o estado de Contas da Asociación.
3. Información sobre as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA.
4. Valoración do Servizo de Madruga e Comedor.
5. Problemas co trasporte escolar.
6. Incorporación de novos membros á Xunta Directiva.
7. Xornadas formativas organizadas pola ANPA para os/as pais/nais.
8. Rogos e preguntas.
Ese día, as familias que o precisen poderán facer uso dun servizo de garda, de xeito gratuíto e previa
reserva. Se ides facer uso deste servizo indicádeo a través dun correo ao enderezo electrónico da
ANPA anpaceiplda@gmail.com. O último día para solicitar o servizo é o luns, 3 de outubro.
Estimadas familias:
Unha vez rematado, o pasado 12 de setembro, o prazo de inscricións para as actividades ofertadas pola ANPA e revisadas as solicitudes presentadas, enviámosvos o seguinte cadro onde podedes consultar as actividades que finalmente se poderán levar a cabo este curso. Todas as solicitudes que chegaron para estas actividades teñen praza.
Como podedes ver, NON se poden realizar por non chegar ao mínimo de usuarios necesarios: kárate, rítmoca de educación infantil, xogos predeportivos, ProyectoArte (1º - 6º), EmocionArte (E.I) e a ludoteca da Federación.
Tamén, por este motivo, faise un grupo único de futbiño (1º - 6º) unindo os grupos de futbiño (1º - 3º) e futbiño (4º - 6º). Esta actividade farase os martes e xoves, de 16:30 a 17:30.
As actividades comezarán o luns, 3 de outubro.
Os nenos e nenas deberán traer roupa cómoda (chándal ou mallas), e no caso de rítmica (primaria) uns calcetíns, xa que a actividade realizarase sen calzado.
Os patíns deberán vir dentro dunha mochila, e poderán quedar no pavillón, nun baúl do que dispón a ANPA. Tanto a mochila como os patíns deberán vir marcados con nome e apelidos.
Recordade que non está permitido o acceso ao pavillón.
O pagamento das actividades extraescolares ofertadas pola ANPA realizarase mensualmente, entre os días 1 e 10 de cada mes.
A inscricións nas actividades supón a aceptación das normas xerais da ANPA que podedes consultar neste mesmo blog, no apartado de Normas Xerais. Polo tanto, segundo as mesmas, aquelas familias que non sexan socias da ANPA deberán abonar 27€ en concepto de matrícola.
Para claquera aclaración ou consulta podedes dirixiros a este correo ou á coordinadora Mamen (coordinadoralamas@gmail.com; teléf.:662382294)
Estimadas familias:
Xa podedes consultar os menús do mes de outubro.
Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.
Un saúdo e moitas grazas.
Estimadas familias,
En primeiro lugar agardamos que todas esteades ben e que as vacacións foran reparadoras e serviran para coller forzas e ánimos para afrontar este curso que ten que servir para deixar atrás as incertezas e renuncias dos últimos cursos.
A continuación imos facer un pequeno resumo de como serán os horarios dos servizos que ofrecerá a ANPA dende o comezo do curso escolar.
Servizo Madruga
A entrada no Servizo Madruga será de 7:30 a 8:30, aínda que aquelas nenas e nenos que vaian almorzar terán que chegar antes das 8:20 para que teñan tempo a almorzar con tranquilidade e asearse antes de iniciar a xornada escolar. O resto chegará obrigatoriamente antes das 8:30.
Os nenos e nenas entrarán sós pola porta principal do centro, onde serán recollidos polo persoal da ANPA e acompañados ao lugar onde se prestará o servizo. Ao final do mesmo lavarán os dentes e a cara e serán acompañados ao lugar asignado polo Centro para que se incorporen ás súas aulas.
Deberán traer un neceser con cepillo e pasta de dentes, co seu nome escrito nun sitio visible.
Ademais, os nenos e nenas de infantil poderán traer un mandilón, que virá tamén co seu nome escrito nun lugar visible e que irá para casa os venres.
Servizo de Comedor.
O Servizo de Comedor será de 14:00 a 16:30. O persoal da ANPA recollerá aos nenos e nenas de infantil nas súas aulas e acompañaraos aos distintos comedores. Despois de comer serán acompañados aos aseos para realizar a hixiene persoal e o lavado de dentes.
Deberán traer un neceser con cepillo e pasta de dentes, co seu nome escrito nun lugar visible.
Ademais, os nenos e nenas de infantil poderán traer un mandilón, que virá tamén co seu nome escrito nun lugar visible e que irá para casa os venres.
A recollida do alumnado de infantil será pola porta principal do Centro a partir das 15:30.
Os nenos e nenas de primaria recolleranse a partir das 15:45 na porta do pavillón.
As familias deberán recoller aos nenos e nenas antes das 16:30. Haberá que entregar unha autorización previa no caso de que as familias queiran que veña outra persoa recoller aos seus fillos ou fillas. A persoa autorizada deberá acreditar a súa identidade antes de levar ao neno ou nena.
No caso de que puntualmente algún día se precise dieta especial, deberá comunicalo á coordinadora da ANPA entre as 8:00 e as 9:30 para poder facer os cambios pertinentes nos menús.
Como indicabamos no correo enviado o pasado 02/07/2022, na Asamblea Xeral da ANPA expúxose a necesidade de aumentar o custo dos servizos, polo que o prezo do comedor pasou a ser de 6 € ao día mentres que o servizo madruga é de 2 € ao día, con almorzo e de 1,90 € ao día sen almorzo.
Como sempre, os recibos serán enviados nas mochilas e o prazo para pagar será entre os días 1 e 10 de cada mes. Pregamos que nos fagades chegar os xustificantes de pagamento a través o correo da coordinadora da ANPA. (coordinadoralamas@gmail.com)
Recordamos tamén que neste curso a empresa que se fará cargo dos menús de infantil durante o curso será Barrigola.
Por último, queremos informar que a partir de agora o horario da coordinadora da ANPA será de 12:00 a 19:00 horas, e que calquera dúbida o incidencia que teñades só será atendida nese horario no teléfono 662 382 294. Lembrade que podedes tamén empregar o correo coordinadoralamas@gmail.com.
Nos próximos días achegaremos información sobre o pagamento da cota de socios e dos recibos do mes de setembro, así como sobre as actividades que comezarán no mes de outubro e outras novidades que poidan producirse.
Un saúdo e moitas grazas.