mércores, 16 de novembro de 2022

Inscrición campamento de Nadal

Estimadas familias:

 

Xa está aberta a inscrición para o campamento de Nadal 2022/2023.

 

Horario e prezos:

 

De 7:30 a 9:00 (madrugadores: con almorzo 2 €/día; sen almorzo 1,90 €/día). Servizo opcional.

 

De 9:00 a 14:00 (actividades: 6 €/día)

 

De 14:00 a 16:00 (xantar: 6 €/día). Servizo opcional.

 

O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola e será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.


Para que o campamento de Nadal se leve a cabo será preciso que haxa un mínimo de 10 nenos anotados.

 

Formalización da inscrición.

 

Deberá facerse o ingreso na conta de ABANCA: ES80 2080 0349 8230 4000 2656.

 

O xustificante de pago, xunto co formulario debidamente cuberto, enviarase á coordinadora Mamen por correo electrónico ao enderezo coordinadoralamas@gmail.com. Tamén poderáselle entregar en man.

 

A data límite para anotarse será o venres, 9 de decembro do 2022.

A reserva ordenarase pola data de pagamento e o número máximo de usuarios será de 50.

 

Desenvolvemento do servizo.

 

O Campamento de Nadal desenvolverase os días 23,26,27,28,29 e 30 de decembro do 2022 e os días 2,3,4 e 5 de xaneiro do 2023.

 

O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.

O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.


Tanto para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal, que únicamente estará aberta de 7:30 a 10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos situada no patio cuberto.


As rutinas diarias serán as seguintes: 

De 9: 00 a 10:00 Recepción.

De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.

De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.

De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.

De 11:30 a12:00 Descanso.

De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.

De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias. 

De 14.00 a 15:00 Xantar

De 15.00 a 16.00 Xogo libre.

ÁS 16.00 Remate da xornada.


Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións de campamento. Os luns estarán dedicados a facer múltiples xogos (xogos populares, olimpíadas infantís, etc). O resto da semana haberá obradoiros diversos, manualidades para que os nenos e nenas poñan en práctica a súa imaxinación e creatividade, cine, teatro. Tamén realizaremos outro tipo de actividades como bailes, murais, escenas con plastilina, que dependerán do número de nenos que haxa cada día, das súas idades e dos gustos de cada un. 

 

Formulario

 

Un saúdo.