martes, 24 de xullo de 2018

Comunicación solicitudes aceptadas para o comedor no curso 2018-2019


Estimadas familias,

Unha vez recollidas todas as solicitudes para o servizo de comedor durante o curso 2018/19 comprobouse que había máis demanda que prazas dispoñibles (160). Por parte da directiva da ANPA leváronse a cabo diversas actuacións, como foron, reunións conxuntas con Hostalaría e coa Dirección do CEIP “Lamas de Abade”, comunicacións aos distintos departamentos administrativos responsables do servizo de comedores, e finalmente unha solicitude á Consellería de Educación na que se poñía de manifesto a problemática existente no Centro con respecto ao comedor escolar e a falta de prazas, e se demandaba algún tipo de resposta administrativa. Ningunha destas actuacións obtivo contestación por parte das autoridades competentes, polo que foi necesario aplicar o baremo aprobado na Asemblea Extraordinaria celebrada o 07.03.2018, co fin de establecer unha orde de prelación segundo a puntuación obtida.
DIAS DO USO DE COMEDOR POR USUARIO AO ANO DURANTE O CURSO ANTERIOR
PUNTOS
De 160-180
10
De 140-160
9
De 120-140
8
De 100-120
7
De 80-100
6
De 60-80
5
De 40-60
4
De 20-40
3
De 0-20
1
Socio no curso anterior
1
Irmán/á usuario/a de comedor no curso anterior
2

Dun total de 209 solicitudes presentadas, obtiveron praza de comedor, segundo as preferencias que aparecían nos escritos presentados, todas aquelas solicitudes que obtiveron unha puntuación de 1 ou máis puntos. (181 prazas en total).
Aquelas solicitudes que tiñan cero puntos foron ordenadas por apelido, atendendo á letra do  sorteo público que realizou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para resolver os desempates (Resolución do 27 de febreiro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos). Para o curso escolar 2018-19 as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "Z" e "T"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "C" e "J".
Unha vez ordenadas, e tendo en conta que solicitaban o servizo para días nos que aínda quedaban ocos libres, as familias que non obtiveron praza de comedor foron informadas telefonicamente ofrecéndolles os días dispoñibles nos casos en que os había. Creouse unha lista de espera por si se da o caso de que se produza algún cambio nas listas, informarse á primeira persoa da lista, e así sucesivamente, vía telefónica.

Banco de libros



Estimadas familias:
Dende a Directiva da ANPA, queremos dar as grazas a todas as persoas que colaborastes co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS.
Grazas a esta colaboración podemos axudar a moitas familias a que o desembolso económico pola compra de libros de texto sexa menor.
Queremos comunicarvos que despois de facer o reparto das solicitudes recibidas, aínda temos libros de texto para prestar se alguén non comprou e necesita.
Quedan libros de lectura (castelán) de 1º e 2º de primaria, libros de 3º e 4º de primaria de case todas as materias e libros de 6º (lingua, sociais e naturais).                        
Recordarvos que a data de recollida de libros será os días 26, 27 e 30 de xullo en horario de 15 a 16 horas.
Podedes solicitar os libros seguindo as instrucións indicadas en http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/2018/06/banco-de-libros-da-anpa.html.