venres, 4 de maio de 2018
Xornada de portas abertas na escola de hostalería
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA ESCOLA DE HOSTALERÍA (C.I.F.P. COMPOSTELA)
O día 24 de maio a Escola de Hostalería organiza unha xornada de portas abertas para as familias das nenas e nenos que están a facer uso do servizo de comedor este curso e que o pretendan seguir usando durante o curso que vén.
Por razóns de organización e de espazo só poderán asistir 80 persoas. Faranse 2 grupos:
- 12:30h: visita guiada 1º grupo
- 13:00h: visita guiada 2º grupo
- 14:00h: degustación dun cóctel elaborado polo alumnado da Escola (os dous grupos xuntos)
Para poder asistir a esta xornada hai que anotarse na lista que ten a coordinadora (Mamen) ou solicitalo no correo electrónico coordinadoralamas@gmail.com . Posto que hai límite de prazas, irá por orde de anotación e só poderá asistir unha persoa por cada familia socia que use o servizo de comedor.
A data límite para anotarse é o día 09/05/2018 ás 18:30h.