O Club Tríatlon
Arcade Inforhouse naceu no ano 1997 co obxectivo de promocionar o noso deporte
na comarca de Santiago E participar en competicións tanto a nivel galego como a
nivel internacional.
A Escola de Tríatlon
foi creada no ano 2003, actualmente conta con aproximadamente 50 deportistas
entre 8 e os 16 anos con diferentes grupos de adestramento divididos por
idades.
*Obxectivos da actividade
O club tríatlon
Arcade Inforhouse gustaríalle ofrecer ao alumnado do colexio, unha nova actividade
denominada “Nada – Corre”, esta actividade consiste na práctica da natación e
do atletismo cun obxectivo lúdico, no cal os rapaces teñan unha toma de
contacto co noso deporte a través de xogos e actividades variadas. A filosofía
deste grupo de adestramento e que os/as nenos/as disfruten realizando a
práctica deportiva como elemento integrador, socializador e saudable, sendo a competición
un elemento secundario e voluntario.
*Contidos
A actividade constará
de 2 días de adestramento semanal, facendo un día de natación e outro día de
atletismo.
As sesións de
natación faranse na piscina de Sar e a carreira no estadio de San Lázaro,
dispoñendo alí dun local cuberto para os días que a climatoloxía non sexa a
adecuada.
*A previsión de horarios da actividade son:
Carreira: Mércores 18:00
a 19:00 Natación:
Luns ou Mércores
18:00 a 19:00
Ademais, ocasionalmente,
realizaranse sesións voluntarias de dominio da bicicleta non sendo obrigatorio
saber andar nela.
Podedes descargar o noso folleto con toda a información neste enlace.