COMEDOR
-
O servizo de comedor é dado pola escola de hosteleria
durante os meses de outubro ata maio .En xuño e setembro contratarase unha
empresa de catering.
-
PARA INSCRIBIRSE NO COMEDOR, HAI QUE ANOTARSE
ANTES DO 20 DO MES ANTERIOR. NON SE ADMITIRÁN NENOS DESPOIS DESTA DATA.
-
Non haberá devolucións nin se descontará ningunha comida;
todolos cambios faranse antes do 20 do mes anterior. Pódese cubrir un único
impreso ( dende outubro ata maio) ou mensual.
Os nenos que vaian a utilizar o comedor durante o mes de xuño, deberán
cubrir o impreso correspondente que se entregará xunto co recibo de maio e
entregalo antes do 20 de dito mes.
-
Os recibos
deberán abonarse entre o 1 e o 10 de cada mes e entregar o resgardo á
coordinadora. Cobraranse tódalas comidas veñan ou non.
-
Se algún neno ten problemas alérxicos, tanto alimenticios
coma de outro tipo, deberase comunicar na folla de solicitud do comedor e traer
o xustificante médico.
-
Cando sexan enfermedades puntuais ( gastrointeritis…) se
poderá solicitar unha dieta o mesmo día antes das 10:00 chamando a coordinadora
do comedor.
-
Tódolos nenos que vaian a utilizar o comedor deben traer:
- UN CHUVASQUEIRO ( TODOS)
- MANDILÓN CO NOME ( NENOS DE
E.I.)
- CEPILLO DE DENTES ,PASTA E
VASO ( TODOS)
- BOTAS DE AUGA ( OPCIONAL)
- MUDA COMPLETA ( OPCIONAL
NENOS DE E.I.)
RECOLLERANSE AOS NENOS A PARTIR DAS
15:30 NO PATIO CUBERTO. NON SE PERMITE O ACCESO AO INTERIOR DO COLEXIO NIN A
ESCOLA DE HOSTELERIA.
SE OS NENOS NON SON RECOLLIDOS POLOS
PAIS, A PERSOA QUE VEÑA DEBERÁ TRAER UNHA AUTORIZACIÓN FIRMADA POR ELES CO
D.N.I. . DO CONTRARIO NON SE ENTREGARÁN
OS NENOS.
CALQUERA DÚBIDA
POÑERSE EN CONTACTO CA COORDINADORA DO COMEDOR MAMEN 662382294 DE 7:45 A 10:00 E DE 13:00 A 18:30
-----------------------