mércores, 30 de xuño de 2010
Situación de “Dobre liña de infantil XA! no CEIP Lamas de Abade”
1) Ao non ter resposta (aínda) da solicitude de entrevista co Conselleiro de Educación, unha comisión de 7 u 8 persoas (da directiva da ANPA, representantes no Consello Escolar e afectados/as que xa asistiron a entrevistas anteriores) estará localizable e dispoñible para asistir a ela.
2) Mantérmonos en contacto para coñecer as novidades e manter activos as canles de comunicación do colectivo en internet:
Grupo en Facebook (xa somos maís de 230):
http://www.facebook.com/group.php?gid=107507412632576
Blog da ANPA:
http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/
3) Continuar co envío de envío masivo de e-mails a responsables da Consellería de Educación (se non coñeces aínda a iniciativa, pide que cha reenvíen desde a ANPA: anpaceiplda@yahoo.es)
4) Valoraremos presentar unha queixa ao Valedor do Pobo en función de se contestan ou non ou se é a resposta é negativa.
5) Convocar unha asemblea a principios de setembro para valorar a situación e decidir novas mobilizacións se o tema non está resolto daquela. Estade atentos á convocatoria por correo electrónico, blog ou Facebook.
Un saúdo e feliz verán: ANPA do CEIP Lamas de Abade.
Concentración na Praza da Quintana. Martes 29 de xuño
Podedes ver máis fotos pulsando AQUÍ
30/6/2010 El Correo Gallego Lamas de Abade sigue con las movilizaciones
30/6/2010 La Voz de Galicia Lamas de Abade exige respuesta a Educación sobre la demanda de ampliación de un aula en el colegio
venres, 25 de xuño de 2010
Entrega de sinaturas
Nota de prensa:
25/6/2010 La Voz de Galicia La Anpa de Lamas de Abade ve «xusto e razoable» que se amplíe un aula de infantil al colegio público
xoves, 24 de xuño de 2010
Apoios recibidos do grupo Parlamentario do BNG
Pregunta para a súa resposta escrita
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión
Proposición Non de Lei para o seu debate en Comisión
Convocatoria Rolda de Prensa
- Entrega no Rexistro Xeral da Xunta dunha solicitude de ENTREVISTA co CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN
- Entrega no Rexistro Xeral da Xunta das sinaturas de apoio a dobre liña de Educación Infantil.
Estas actuacións terán lugar o XOVES 24 DE XUÑO ás 12:30, invitamovos a asistir a elas e asi poder informarvos dos acordos tomados no peche do martes 22.
Agradecendo de antemán a vosa presenza despidimonos cunha aperta.
Pepe: 609.886.167
Suso: 651.372.023
Moncho: 605.039.240
mércores, 23 de xuño de 2010
MOBILIZACIÓNS E ACTUACIÓNS
MOBILIZACIÓNS E ACTUACIÓNS ACORDADAS POLAS NAIS E PAIS DURANTE O PECHE NO CEIP LAMAS DE ABADE DO MARTES 22 DE XUÑO:
- Entrega no Rexistro Xeral da Xunta dunha solicitude de ENTREVISTA co CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN e entrega de sinaturas de apoio:
XOVES 24 DE XUÑO ás 12:30 (convocaremos a esa hora aos medios de comunicación)
Quedamos ás 12:00 diante da Estación de Autobuses (sede puntuais!!!) - CONCENTRACIÓN (con pancarta) + ROLDA DE PRENSA na Praza da Quintana:
MARTES 29 DE XUÑO ás 18:30 nas escaleiras da Praza da Quintana - Abrir un grupo de FACEBOOK: “Dobre liña de Infantil XA no CEIP Lamas de Abade”
- Queixa ao Valedor do Pobo (anunciarase e farase se seguen sen contestar)
- Envio por e-mail a distintos cargos da Consellería de Educación dunha FOTO DO PECHE cun slogan (pensado para que cada un/unha o envíe individualmente a partir do modelo que se vos remitirá).
É IMPORTANTE A PARTICIPACIÓN DE TODOS/AS NESTAS CONVOCATORIAS PARA CONSEGUIR A MÁXIMA DIFUSIÓN E O ÉXITO DAS NOSAS XUSTAS REIVINDICACIÓNS!!!
Un saúdo.
luns, 21 de xuño de 2010
CONCENTRACIÓN NO CENTRO O MARTES 22 AS 18:00 H
Unha rolda de prensa o Martes 22 as 18:30 no CEIP Lamas de Abade, onde informaremos dos apoios recibidos e das futuras movilizacións.
Agradecendo de anteman a vosa presenza despedímonos cunha aperta.Anpa Ceip Lamas de Abade
A ANPA DO CEIP LAMAS DE ABADE ANTE A FALTA DE RESPOSTA DA ADMINISTRACIÓN CONTINÚA CAS MOVILIZACIÓNS PREVISTAS
CONVOCAMOS UNHA CONCENTRACIÓN NO CENTRO O MARTES 22 AS 18:00 H
As familias afectadas e os representantes da ANPA, (tralos multiples apoios, tanto individuais como colectivos) queremos manifestar o seguinte:
Consideramos inaceptable a actitude e prepotente e autoritaria de distintos representantes da administración educativa, por non atender a nosa xusta petición e no seu momento ameazarnos con reducir aínda máis a oferta de prazas escolares en cursos vindeiros. Esa é a única resposta que recibimos ata día de hoxe.
A normativa vixente permite a autorización de seis aulas de infantil con ratios de 20 alumnos, o que permitiría admitir todas as solicitudes para infantil que tiveron que ser denegadas e dar preferencia de admisión en 1º de primaria aos centros adscritos.
Non aceptar a petición de seis unidades, ou peor, reducir a oferta a tan só tres, deixaría fora a nenos e nenas que xa teñen irmáns escolarizados no centro e non garantiría a libre elección de centros na rede pública polas familias da zona, que como todos deben saber, está en clara expansión demográfica.
Non aceptar a petición de seis unidades supón empeorar a calidade do ensino e non garantir una adecuadada atención aos menores (ratios elevadas, nenos de distintas idades mesturados, aulas sen baños, carencia de profesorado de apoio especialista en educación infantil…).
Non aceptamos a escusa que pon a Administración para non conceder a dobre liña (a reserva de prazas para os centros de infantil adscritos), por non ser razonable.
A ANPA do CEIP Lamas de Abade e o Consello Escolar do centro aínda están á espera da contestación ao escrito de demanda da dobre liña de educación infantil (6 aulas en total) cursada o pasado 25 de maio. Na asemblea celebrada o pasado 17 de xuño, acordouse iniciar novas accións, dado o curso escolar vai rematar e a Consellería nin sequera se digna a contestar á petición formal do Consello Escolar, onde están representados os distintos sectores da comunidade educativa.
Tras manter entrevistas cos responsables de Educación dos tres grupos parlamentares (PP, PSOE e BNG) e cas Asociacións Veciñais da zona (O Castiñeiriño, O Eixo, A Pontepedriña, Sar, Marrozos e Aríns).
CONVOCÁMOVOS A UNA ROLDA DE PRENSA O MARTES 22 AS 18:30, enfronte ao CEIP Lamas de Abade, onde vos daremos conta dos apoios recibidos.
Non descartamos outro tipo de mobilizacións antes do final de curso e no caso de non obter contestación, continuaremos as nosas protestas desde os primeiros días do vindeiro curso escolar.
Santiago, 21 de xuño de 2010
ANPA DO CEIP LAMAS DE ABADE
xoves, 10 de xuño de 2010
RELACIÓN DE SOLICITANTES DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR QUE DEBEN EMENDAR A SÚA SOLICITUDE
En cumprimento do previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na base 9 da convocatoria das bolsas de comedor escolar, publícase a relación de solicitantes que deben emendar a súa solicitude, para que no prazo de 10 días hábiles, a partir do seguinte á publicación deste relación, acheguen os documentos preceptivos, advertíndolles que se non o fixeran, se considerará que desistiron da súa solicitude, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992.
O prazo, xa que logo, comprende do 11 ao 22 de xuño, ambos os dous incluídos.
A seguinte táboa recolle a documentación que se lles require, para a súa presentación no antedito prazo, advertíndolles que a xustificación de ingresos da unidade familiar se refire a todos os membros maiores de 16 anos, agás que estean cursando estudos regrados, en cuxo caso deberán presentar o certificado de matrícula correspondente.
martes, 1 de xuño de 2010
SAIRON AS AXUDAS DOS LIBROS PARA O CURSO QUE VEN
destinadas al alumnado matriculado en centros sostenidos con fondos públicos en
1º, 2º, 5º y 6º de educación primaria y en educación especial en el curso escolar
2010-2011. 9.673. Podedes acceder ós impresos neste enlace: