Prezadas familias:
O xoves, 16
de marzo, terá lugar o taller " A miña filla/alumna sofre violencia?,
impartido dentro da campaña COMPigual, Compostela pola Igualdade de
Xénero.
As nais, os pais e o profesorado poden ter moitas dúbidas e medos con respecto
a este tema e precisan saber como actuar. Contar con coñecementos básicos e
formación para detectar a tempo e, sobre todo, actuar ante calquera síntoma
de maltrato que poidan sufrir as súas fillas ou alumnas ou exercer os seus fillos e
alumnos, é fundamental. Neste encontro, teñen a oportunidade de acceder a estes coñecementos e pautas.
Dirixido a: profesores e familias do alumnado de Primaria (5º e 6º), IES Lamas de Abade e CIFP Compostela.
Obxetivos: dotar de pautas a nais e pais con fillas adolescentes para detectar a
violencia de xénero e actuar ante ela.
Proveer de directrices ao persoal dos centros educativos para detectar e
intervir en casos de violencia de xénero das súas fillas.
Como?: A través dun encontro participativo e dinámico onde reflexionar, debater e
adquirir novos coñecementos.
Día: 16 de marzo.
Hora: 16:30 a 18:30 horas.
Lugar: Salón de actos do CEIP Lamas de Abade.
Prazas: 40. Preferencia para as familias e profesorado do CEIP Lamas de Abade.
Os que queirades participar deberedes de enviar un correo a dirección da ANPA (anpaceiplda@gmail.com) ata o 10 de marzo, incluído. No correo deberedes de indicar o voso nome e o centro ao que pertencedes.
Lembrade
que podedes solicitar o servizo de ludoteca da Federación, que nos
enviará un monitor se a solicitan polo menos 5 usuarios e está aberta
para infantil e primaria.
Os nenos de primaria que o prefiran, poderán quedar na biblioteca do colexio previa solicitude ao centro (ceip.lamas.abade@edu.xunta.gal)
Pinchando aquí podedes ver o folleto informativo do taller.
Un saúdo e grazas.