martes, 29 de novembro de 2022

Menús do mes de decembro de 2022.

 

Estimadas familias: 

 

Xa podedes consultar os menús do mes de decembro.

Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.

Un saúdo.

venres, 25 de novembro de 2022

Festa de Nadal

Estimadas familias:


Con motivo do Nadal, a ANPA celebrará unha festa o venres, 16 de decembro, pola tarde no Colexio de 17:30 a 19:30.

Será un día de lecer e convivencia para todos os membros da comunidade educativa. Haberá música, xogos e ofrecerase chocolate con churros de balde.

Entregarase un vale intercambiable por 1 chocolate con churros por persoa. Todos aqueles que queirades vales deberedes de enviar un correo, antes do 8 de decembro, a anpaceiplda@gmail.com , indicando os nomes dos membros da unidade familiar (nai, pai e fillos) que o solicitan.
Unha vez rematado o prazo de solicitude non se atenderán mais peticións.

Os vales teredes que ir a recollelos ao colexio, entre o luns 12 e o xoves 15 de decembro, entregaraos a coordinadora Mamen ás persoas que previamente os solicitaron. Os vales que non se recollan quedarán anulados e entregaranse na festa, ata esgotarse, a aquelas persoas que non recibisen ningún. 

Calquera axuda, ofrecemento, taller, espectáculo que queirades organizar será ben recibida. Poñédevos en contacto con nós e vemos como facelo.
 
Un pai do colexio está a preparar unhas paixoliñas tradicionais para tocar e cantar entre todos os asistentes da festa. Se algún músico/algunha música quere participar no grupo, mandádenos un correo á ANPA e ponerémosvos en contacto con el.
 
Enviaremos a letra das panxoliñas por correo e publicarémolas no blog.

Os menores deberán vir acompañados por adultos que se farán responsable deles mentres dure a Festa.

Moitas grazas pola participación.

Saúdos.
 

 

venres, 18 de novembro de 2022

Taller "educación emocional e sexual" para as familias de infantil e primaria

 Estimadas familias:


O xoves, 24 de novembro, terá lugar o taller "educación emocional e sexual" dirixido ás familias.
Podedes apuntarvos no mesmo enviando un correo á ANPA (anpaceiplda@gmail.com). Tamén podedes solicitar no mesmo correo o servizo de garda para os/as nenos/nenas.
 
Características do obradoiro:
 
Día: 24 de novembro 
Duración: de 17:00 a 18:30
Lugar: Salón de actos do CEIP Lamas de Abade.
Imparte: O obradoiro é ofertado pola Consellería de Política Social e Xuventude, a través dos centros Quérote+.
 
Obxectivos:
 
o Crear un espazo seguro para poder falar das dúbidas, preocupacións e dificultades da crianza sen sentimentos de culpa e xuízos de valor.
 
o Dotar de coñecementos básicos para a educación sexual.
 
o Construír de ferramentas que axuden na xestión diaria da educación dos fillos e fillas.
 
Moitas grazas por participar.
 
Saúdos

mércores, 16 de novembro de 2022

Inscrición campamento de Nadal

Estimadas familias:

 

Xa está aberta a inscrición para o campamento de Nadal 2022/2023.

 

Horario e prezos:

 

De 7:30 a 9:00 (madrugadores: con almorzo 2 €/día; sen almorzo 1,90 €/día). Servizo opcional.

 

De 9:00 a 14:00 (actividades: 6 €/día)

 

De 14:00 a 16:00 (xantar: 6 €/día). Servizo opcional.

 

O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola e será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.


Para que o campamento de Nadal se leve a cabo será preciso que haxa un mínimo de 10 nenos anotados.

 

Formalización da inscrición.

 

Deberá facerse o ingreso na conta de ABANCA: ES80 2080 0349 8230 4000 2656.

 

O xustificante de pago, xunto co formulario debidamente cuberto, enviarase á coordinadora Mamen por correo electrónico ao enderezo coordinadoralamas@gmail.com. Tamén poderáselle entregar en man.

 

A data límite para anotarse será o venres, 9 de decembro do 2022.

A reserva ordenarase pola data de pagamento e o número máximo de usuarios será de 50.

 

Desenvolvemento do servizo.

 

O Campamento de Nadal desenvolverase os días 23,26,27,28,29 e 30 de decembro do 2022 e os días 2,3,4 e 5 de xaneiro do 2023.

 

O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.

O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.


Tanto para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal, que únicamente estará aberta de 7:30 a 10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos situada no patio cuberto.


As rutinas diarias serán as seguintes: 

De 9: 00 a 10:00 Recepción.

De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.

De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.

De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.

De 11:30 a12:00 Descanso.

De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.

De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias. 

De 14.00 a 15:00 Xantar

De 15.00 a 16.00 Xogo libre.

ÁS 16.00 Remate da xornada.


Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións de campamento. Os luns estarán dedicados a facer múltiples xogos (xogos populares, olimpíadas infantís, etc). O resto da semana haberá obradoiros diversos, manualidades para que os nenos e nenas poñan en práctica a súa imaxinación e creatividade, cine, teatro. Tamén realizaremos outro tipo de actividades como bailes, murais, escenas con plastilina, que dependerán do número de nenos que haxa cada día, das súas idades e dos gustos de cada un. 

 

Formulario

 

Un saúdo.