luns, 28 de marzo de 2022

Campamento de Semana Santa

 

 Estimadas familias:


Xa está aberta a inscrición para o campamento de Semana Santa 2022.
O campamento ofrécese os días 11, 12, 13 e 18 de abril.


As rutinas diarias serán as seguintes:
De 9: 00 a 10:00 Recepción.
De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.
De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.
De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.
De 11:30 a12:00 Descanso.
De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.
De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias.
De 14.00 a 15:00 Xantar
De 15.00 a 16.00 Xogo libre.
ÁS 16.00 Remate da xornada.


Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións de campamento.
Debido á situación (COVID-19), os obradoiros poderán ser substituídos por xogos e actividades no
exterior, dependendo das condicións meteorolóxicas.
Á hora de realizar os obradoiros terase en conta que se adapten aos rapaces, empregando sempre
materiais que non sexan perigosos e que sexan axeitados para as necesidades de cada neno ou
nena. Procurarase en cada actividade a integración e a participación activa de todos e todas as
participantes, de xeito que as xornadas do Campamento de Semana Santa provoquen unha
actitude de colaboración, cooperación e participación que fomente unha boa convivencia e un
sentimento de compañeirismo.
O martes 12 de abril, ás 10:30, haberá unha saída ao Diverjump, en Costa Vella. Ese día, a merenda
será no parque da Balea, na Cidade da Cultura, sobre as 12:15.


Horario e prezos:
De 7:45 a 9:00 (madrugadores: 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 (actividades: 6 euros por día)
De 14:00 a 16:00 (xantar: 5,7 euros por día).
O prezo da saída do martes 12, será de 6,80 Euros por nena/o, máis 2 euros polos calcetíns para
realizar a actividade (no caso de que se dispoña de calcetíns do Diverjump, poden levarse da casa).

Información importante sobre o servizo de comedor.
O servizo de xantar será servido pola empresa Ruta Jacobea e serán necesario chegar a un mínimo
de 15 comensais por día para poder ofrecelo. Soamente no caso de non chegar a este mínimo as
familias poderán traer a comida da casa. (Neste caso haberá que pagar 1,50 € en concepto de
gastos de monitorado). Será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia
alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.


Formalización da inscrición.
Deberá facerse o ingreso na conta de ABANCA: ES80 2080 0349 8230 4000 2656.
O xustificante de pago, xunto co formulario debidamente cuberto, enviarase á coordinadora
(Mamen) por correo electrónico ao enderezo coordinadoralamas@gmail.com.
A data límite para anotarse será o venres, 1 de abril do 2022.
A reserva ordenarase pola data de pagamento e o número máximo de usuarios será de 50.


Desenvolvemento do servizo.
O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá
acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase
que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de
chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas
xerais da Anpa.
Tanto para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela
lateral que está ao lado do pavillón municipal, que únicamente estará aberta de 7:45 a 10:00 e a
partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos situada no patio cuberto.

Formulario de inscrición para o campamento de Semana Santa 2022

Calquera dúbida, facédenola chegar.

 Saúdos