O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Tanto para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal, que únicamente estará aberta de 7:45 a 10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos situada no patio cuberto.
As rutinas diarias serán as seguintes:
De 9: 00 a 10:00 Recepción.
De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.
De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.
De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.
De 11:30 a12:00 Descanso.
De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.
De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias.
De 14.00 a 15:00 Xantar
De 15.00 a 16.00 Xogo libre.
ÁS 16.00 Remate da xornada.
Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións de campamento. Os luns estarán dedicados a facer múltiples xogos (xogos populares, olimpíadas infantís, etc). O resto da semana haberá obradoiros diversos, manualidades para que os nenos e nenas poñan en práctica a súa imaxinación e creatividade, cine, teatro. Tamén realizaremos outro tipo de actividades como bailes, murais, escenas con plastilina, que dependerán do número de nenos que haxa cada día, das súas idades e dos gustos de cada un. Debido á situación (COVID-19), os obradoiros poderán ser substituídos por xogos e actividades no exterior, dependendo das condicións meteorolóxicas.
Os nenos estarán divididos en grupos burbulla por curso escolar. Á hora de realizar os obradoiros terase en conta que se adapten aos rapaces, empregando sempre materiais que non sexan perigosos e que sexan axeitados para as necesidades de cada neno ou nena. Procurarase en cada actividade a integración e a participación activa de todos e todas as participantes, de xeito que as xornadas do Campamento de Nadal provoquen unha actitude de colaboración, cooperación e participación que fomente unha boa convivencia e un sentimento de compañeirismo.
Un saúdo e moi felices festas.