Estimadas familias,
dende Hostalaría infórmannos que o próximo xoves, 25 de novembro, por mor da folga de estudantes convocada, non poderán ofrecer o servizo de comedor, polo que ese día as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria comerán o menú de cátering ofrecido pola empresa Ruta Jacobea.
Ademais, dende o Concello de Santiago de Compostela informaron que o martes, 30 de novembro, o Pavillón Lamas de Abade estará pechado durante todo día por tarefas de mantemento. Ese día, os usuarios do comedor de 1º, 2º e 3º de Primaria serán recollidos, ao igual que o resto do alumnado de Primaria, na porta do patio de columnas. Ademais non se desenvolverán as actividades extraescolares que puideran estar programadas para ese día no pavillón (futbiño e baloncesto).
Lamentamos as molestias que isto poida ocasionar.
Un saúdo e grazas.