O pasado 22 de
xullo, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
publicou o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de
Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021. Xuntamos enlace. http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31578
Este protocolo
descarga a responsabilidade de organización do funcionamento do centro ante a
pandemia nas direccións dos centros e nas ANPA. A data elixida para publicar o
protocolo, que non foi consensuado na mesa sectorial docente, apenas nos deixa
marxe ás ANPA para organizar os servizos que vimos ofertando.
Ante esta
situación queremos comunicarvos que estamos fondamente preocupados pola
falta de información que nos ten acompañado desde o inicio da pandemia. A
nosa vontade, como sempre, é a de colaborar co centro para que as familias
contemos cos servizos complementarios de calidade, servicios
que deben desenvolverse no marco de protocolos que protexan aos nosos
nenos e nenas ante posibles contaxios.
Desde a
publicación do protocolo estamos a traballar na adaptación da oferta de
actividades, que serán menos das habituais e que deberán adaptarse ao que
estableza o protocolo que estamos a elaborar coa empresa con que temos
contratado o servizo de prevención. Este protocolo, unha vez elaborado, será
facilitado á dirección do centro para a súa aprobación.
Respecto do
servizo madruga, teremos tamén que adaptalo, comunicando o que proceda para o
seu emprego, o antes posible.
A nosa maior
preocupación na actualidade céntrase no servizo de comedor. Levamos tempo
intentando que o CIFP Compostela nos informe das prazas das que poderemos
dispoñer o ano que vén, pero parece que non nos poderán dicir nada concreto ata
o mes de setembro, mes, no que xa ofertamos servizo de comedor en cursos
pasados e para o que temos unha preiscrición que rolda as 200 solicitudes
diarias.
Esta situación
parécenos inadmisible, posto que precisamos tempo para organizar o servizo e
tomar as medidas preventivas que sexan necesarias. Durante esta semana
seguiremos intentando que se nos facilite a dita información pero entendíamos
que non podíamos demorar máis a información ás familias.
Desde a Xunta
Directiva seguiremos a traballar durante todo o verán para que o curso comence
con certa normalidade en setembro e coas máximas garantías de seguridade e
saúde dos nosos fillos e fillas, colaborando ademais co centro en todo o que
estea na nosa man, pero lamentamos que a falta de información estea a
dificultar este traballo o que redunda en moita incertidume para as familias
respecto dos servizos dos que van a poder dispoñer o ano que vén. Servizos
imprescindibles en moitos dos casos. Ante esta situación son varias as
ANPA que xa renunciaron a seguir a prestar estes servizos.
Por último,
informar que a Confederación de ANPA está a organizar unha
concentración contra o protocolo da Xunta que terá lugar o próximo martes 28 de xullo ás
11:30h diante da Consellería de educación, en San Caetano.
Calquera
novidade ao respecto desta notificación será comunicada coa maior celeridade ás
familias.