Recibimos estes recursos para poder traballar cos nenos e nenas as normas que hai que cumplir para as saídas a partir do próximo 26 de Abril. Agardamos que vos sexan de axuda.
Pódese descargar o documento para imprimir nesta ligazón
Pódese descargar o documento para imprimir nesta ligazón
sábado, 25 de abril de 2020
martes, 7 de abril de 2020
Devolución importe servizos
Estimadas familias.
Nos próximos días procederemos a
devolver os pagos correspondentes a comedor, servizo madruga e
actividades, correspondentes ao período transcorrido entre o 16
e o 31 de marzo.
Para consultar as
cantidades a devolver tedes que enviar un correo a coordinadoralamas@gmail.com.
O proceso pode demorarse uns
días, e é posible q teñamos q solicitarvos algún dato para efectuar as
transferencias.
Por último queremos agradecer a
vosa paciencia. Estamos á vosa disposición para o que precisedes e estea na
nosa man.
Un saúdo. Ánimo e moitas grazas
venres, 3 de abril de 2020
Orientacións para organizar o traballlo
Estimadas familias, nestes momentos de confinamento pola pandemia COVID-19, momentos nos que as familias nos vemos na necesidade de dar resposta tamén ás necesidades académicas dos nosos fillos/as en colaboración cos docentes; dende a directiva da ANPA Lamas de Abade queremos compartir con vós información de profesionais da área educativa, así como de outros organismos que vos sirvan de axuda para afrontar esta situación. Poñémos a vosa disposición neste blog unha serie de orientacións e recomendacións coa intención de que poidan axudar aos nosos fillos a continuar o estudo e traballo na casa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)