xoves, 21 de xuño de 2018

Axudas Concello


Hoxe publicase no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña a convocatoria de bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o próximo curso 2018-2019.
Xuntamos enlaces coa información:

mércores, 20 de xuño de 2018

Banco de libros da ANPA


Estimadas familias:
Un ano máis a ANPA pon en marcha a finais deste curso un “BANCO DE LIBROS”, para poder usar no vindeiro curso 2018-2019. Esta iniciativa consiste en entregar os libros que sexan da vosa propiedade (mercados polas familias) utilizados neste curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir libros do próximo curso, deste BANCO DE LIBROS DA ANPA.
Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas.
O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice. Só se poden entregar os libros que sexan propiedade das familias, quedan fóra deste sistema, os libros concedidos pola Consellería de Educación.
As persoas que entreguen os libros, terán dereito a recibir outros, sempre que os haxa. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto para todas as persoas.
As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, etc). Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo estado ( ou repoñeranse polo usuario ) ao final do próximo curso. Os libros pasan a ser do banco da ANPA, non son do colexio.
PARA O PRÓXIMO CURSO SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO CURSO ACTUAL.

Datas de recollida de libros:             Do 26 ao 29 de xuño; en horario de 15:00 a 16:00h.
Preparación de lotes en xullo (despois da publicación do listado do Fondo Solidario de libros).
Datas de entrega de libros:               Do 26 ao 30 de xullo, en horario de 15:00 a 16:00h.
Para facilitar unha maior organización e non interromper o traballo das monitoras rogamos que se cumpra cos horarios establecidos para a recollida dos libros. Fóra deste horario non atenderase ningunha consulta.
Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración.
PARTICIPA
Pódese descargar o formulario aquí

martes, 19 de xuño de 2018

mércores, 13 de xuño de 2018

Festival peche de actividades


Queremos comunicarvos que o MÉRCORES 20 de xuño as 17:00 h. vaise celebrar o FESTIVAL DE PECHE DE ACTIVIDADES.

As/os participantes teñen que estar as 16:30 h. e vir coa seguinte roupa:
  • Rítmica : maillot, moño moi alto ben engominado (pinzas opcional) e punteiras cor carne.
  • Rockbotic: calquera roupa.
  • Hip- hop: pantalón curto negro, sudadeira azul e zapatillas brancas.
  • Speaking lúdico: camiseta de deseño e pantalón vaqueiro.
  • Patinaxe A : vestidos de piratas coa espada e parche pintado.
  • Patinaxe B: vestidas de primavera e as nenas de 6º o maillot.
  • Divertidanza: pantalón vaqueiro con camiseta de exhibición e zapatillas brancas.
  • Futbiño: equipaxe.
  • Baloncesto: camiseta branca e pantalón curto negro.
  • Arte: mandilón.
  • Kárate: kimono.
  • Capoeira: roupa branca (pantalón e camiseta)
  • Nenoos, Potenciando o talento: calquera roupa

IMPORTANTE: para unha mellor organización, as nais e os pais non poderán entrar nos vestiarios. Habilitarase unha zona para que poidan cambiar os seus nenos/as.

Madrugadores setembro

Xa esta aberto o prazo de inscrición para o servizo de madrugadores de setembro de 2018. O prazo de presentación será ata o próximo 21 de xuño.
Podedes descargar o formulario nos seguintes enlaces:

Formulario madrugadores setembro 2018


Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade.

martes, 12 de xuño de 2018

Campamento setembro


Está aberta a inscrición para o campamento de setembro
Horario:
De 7:45 a 9:00  ( madrugadores : 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día).

•    Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
•    Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago
A data límite para anotarse  é o 21 de xuño
A reserva ordenarase pola data de pagamento

O horario de chegada será de 09:00 a 10:00. Non poderán acceder ao campamento despois das 10:00.

O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de recollida, haberá que pagar unha penalización de 6€ que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.

No caso de non ingresalos, non poderá continuar asististindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa

Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade.  No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.

Descarga o formulario de inscrición aquí

Portas abertas actividades

A Anpa e Club deportivo Lamas de Abade convídavos a unha xornada de portas abertas o próximo martes 19 de xuño, na que poderemos coñecer un pouco máis en que consiste e  como se vai traballar nas seguintes actividades ofertadas para o próximo curso 2018-2019:
           
            16:30 Emociona-T
            16:45 Speaking Lúdico
            17:00 Xadrez
            17:15 Pintura
            17:45 Nenoos, potenciando o talento
            18:00 Emprendedores+ smart

Un saúdo, 
A directiva da ANPA do CEIP Lamas de Abade.

venres, 8 de xuño de 2018

Comedor curso 2018-2019

Xa esta aberto o prazo de inscrición para o comedor de setembro de 2018 e a preinscrición para o resto do curso 2018-2019. O prazo de presentación será ata o próximo 21 de xuño.
Podedes descargar os formularios nos seguintes enlaces:

Formulario comedor setembro 2018

Formulario comedor curso 2018-2019


Como sabedes, este curso escolar houbo días nos que houbo máis demanda que prazas dispoñibles no comedor. No caso de que se volva a dar esta situación teremos que aplicar o baremo aprobado na asemblea do 07/03/2018, que podedes consultar no seguinte enlace.

Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade.

INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018/2019

CADRO PROVISIONAL

  • PRAZO PARA ANOTARSE: do 8 ao 21 de xuño
  • ENTREGAR A: coordinadora de actividades, Lucía (coordinadoraactividadeslamas@gmail.com; tlf.: 662 382 216)
  • Todas aquelas persoas que se anoten dentro deste prazo terán preferencia con respecto ás que se anoten posteriormente.
  • É necesario que haxa un número mínimo de solicitudes para que as actividades se poidan realizar; pero tamén hai un número máximo para cada unha delas. No caso de que non se obteña praza na actividade solicitada (ben porque non se puido ofertar, ben porque xa non hai ocos libres), a coordinadora porase en contacto con vós por se é posible cambiar por outra distinta.
  • As prazas iranse cubrindo por orde de recepción das solicitudes. As nenas e nenos que este curso estiveron realizando unha actividade terán preferencia nesa mesma actividade con respecto aos que se anoten novos para o curso que vén.
O próximo 19 de xuño pola tarde faremos unha xornada de portas abertas no cole onde se explicará en que consisten as actividades de Nenoos, Emprendedores Smart, Pintura, Xadrez, Speaking lúdico e Emociona-T. Daremos máis información sobre horarios na web da Anpa.


luns, 4 de xuño de 2018

ANPA - CLUB DEPORTIVO CEIP LAMAS DE ABADE
CONVOCATORIA 2ª ASEMBLEA ORDINARIA

Xoves 14 de xuño de 2018
16.00 pm (1ª convocatoria) 16.30 pm (2ª convocatoria)
O horario de apertura do centro é de 16:30 a 18:30, polo que se axusta a hora da 2ª convocatoria para poder aproveitar ao máximo o horario dispoñible.
ORDE DO DÍA:
1. Lectura da acta da sesión anterior
2. Renovación de cargos xunta directiva ANPA
3. Informe económico
4. Actividades para o curso 2018/2019
5. Banco de libros curso 2018/2019
6. Festival de peche de actividades
7. Varios

Xunta directiva da ANPA-C.D. do CEIP Lamas de Abade

Nota: De acordo co artigo 24 dos Estatutos que regulan esta asociación, as asembleas quedarán validamente constituídas en 1ª convocatoria cando estean presentes a maioría dos socios/as e en 2ª convocatoria, sexa cal sexa o número de socios/as presentes.