Dende a Federación de Anpas Compostela transmitíronnos este video xunto con estas acertadas palabras:
En realidade este vídeo naceu desa minúscula iniciativa que se chamaba Movemento compostelán en Defensa do Ensino Público: un grupo de profes e xente de anpas traballando xuntos contra a LOMCE (Supoño que lembrades as charlas informativas do ano pasado en colexios e institutos).
Nun momento do curso pasado, tivemos a sorte de contar con xente diposta a regalarnos o seu traballo e a súa inspiración e da súa colaboración, naceu este vídeo.
Envíovolo para que o difundades por aí porque a súa enerxía pode axudar a que a xente se sume dunha maneira construtiva a facerse visible na rúa, a amosar activamente a súa oposición a esta lei que, falando moi en serio, suporía un retroceso brutal para o sistema de ensino".