venres, 27 de setembro de 2013

WERTGOÑA


 
Dende a Federación de Anpas Compostela transmitíronnos este video xunto con estas acertadas palabras:

"Ola a tod@s:
Envíovos a primeira produción artística da Federación Compostela :-)
 
En realidade este vídeo naceu desa minúscula iniciativa que se chamaba Movemento compostelán en Defensa do Ensino Público: un grupo de profes e xente de anpas traballando xuntos contra a LOMCE (Supoño que lembrades as charlas informativas do ano pasado en colexios e institutos).
 
Nun momento do curso pasado, tivemos a sorte de contar con xente diposta a regalarnos o seu traballo e a súa inspiración e da súa colaboración, naceu este vídeo.
 
Envíovolo para que o difundades por aí porque a súa enerxía pode axudar a que a xente se sume dunha maneira construtiva a facerse visible na rúa, a amosar activamente a súa oposición a esta lei que, falando moi en serio, suporía un retroceso brutal para o sistema de ensino".

martes, 24 de setembro de 2013

PROMO COMPOSTELA JUDO CLUB


OS MENORES E O USO SEGURO DAS REDES SOCIAIS

O próximo 26 de Setembro terá lugar un taller gratuito moi aconsellable e interesante sobre o uso adecuado de internet por parte dos nosos nenos. Os temas a tratar serán os seguintes:
  • O menor como vítima ou responsable de delitos cometidos a través de internet
  • Menores e novas tecnoloxías: benvidos ao deserto do real
  • Tuenti: privacidade e seguridade 
  • Consellos técnicos para o uso seguro das redes sociais
Se queredes informarvos mellor podedes descargar o folleto en formato pdf AQUÍ.
 
Tedes ata o día 25 para inscribirvos no 656 621 952  ou por email en redesmenores@cpetig.org .