"Están tolos estes
romanos"
Cronos
montou un lío no tempo e sabemos que o imperio romano ten pensado
reaparecer o día 12 de abril en Pombal 18. En Troitalevín e Itaca
decidimos xuntarnos ese día para esperalo e ver que vai pasar,
¿resistiremos totalmente ao novo imperio ou aproveitaremos dalgunha
das súas innovacións?.
Dividiremos
a xornada nestas partes
17h. - 18,30h.:
os habitantes do pombal veremos alterada a nosa vida cotidiana pola
chegada do propio Xulio Cesar, que nos presentará algunhas das súas
recentes "conquistas" e tamén algúns dos pobos
que se lle resisten. As calzadas, obras públicas, o circo, o
latín... Faremos actividades cooperativas para ver se nos parecen
interesantes, ou non, algunha destas novidades e decidir se as
adoptamos aínda que tamén haberá que ver se a súa intención é
respetarnos, ou teremos que facernos valer...
18,30h. - 19,30h-
merenda de confraternidade.
19.30h.- Charla
sobre Roma con Ramón Daniel, un mozo de Troitalevín que nos vai
presentar a vida na Roma do momento.
Se queredes máis información, podedes descargar o PDF aquí.
Se queredes máis información, podedes descargar o PDF aquí.