martes, 16 de abril de 2013

CHARLAS SOBRE A LOMCE O XOVES



venres, 5 de abril de 2013

CHARLAS SOBRE A LOMCE NO CEIP LAMAS DE ABADE


CONVOCATORIA DA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO


mércores, 3 de abril de 2013

ESTÁN TOLOS ESTES ROMANOS




"Están tolos estes romanos"

Cronos montou un lío no tempo e sabemos que o imperio romano ten pensado reaparecer o día 12 de abril en Pombal 18. En Troitalevín e Itaca decidimos xuntarnos ese día para esperalo e ver que vai pasar, ¿resistiremos totalmente ao novo imperio ou aproveitaremos dalgunha das súas innovacións?.



Dividiremos a xornada nestas partes

17h. - 18,30h.: os habitantes do pombal veremos alterada a nosa vida cotidiana pola chegada do propio Xulio Cesar, que nos presentará algunhas das súas recentes "conquistas" e tamén algúns dos pobos que se lle resisten. As calzadas, obras públicas, o circo, o latín... Faremos actividades cooperativas para ver se nos parecen interesantes, ou non, algunha destas novidades e decidir se as adoptamos aínda que tamén haberá que ver se a súa intención é respetarnos, ou teremos que facernos valer...

18,30h. - 19,30h- merenda de confraternidade.

19.30h.- Charla sobre Roma con Ramón Daniel, un mozo de Troitalevín que nos vai presentar a vida na Roma do momento.


Se queredes máis información, podedes descargar o PDF aquí.


CHARLA: A IMPORTANCIA DA INTEGRACIÓN DO ENTORNO NA DETECCIÓN DOS SINAIS DE ALARMA

A ANPA en colaboración con DIANA INSTITUTE oferta a todos os pais, nais e mestres unha charla referente ós sinais de alarma a ter en conta no desenvolvemento e comportamento do neno no seu entorno. Terá lugar no Colexio Lamas de Abade o vindeiro martes 9 de abril as 17:15.


Importancia da integración do entorno na detección dos sinais de alarma

Composición da charla:

·         Sinais de alarma: Concepto y contextualización.

·         ITEMS a ter en conta.

·         Integración do entorno como axente activo na detección deos sinais de alarma.

·         Importancia da integración do entorno  como axente activo no tratamento do xove.

·         Casos prácticos levados a cabo en DIANA INSTITUTE.

·         Presentación de DIANA INSTITUTE.

·         Charla coloquio cos asistentes para resolución de dúbidas.

Duración aproximada de 1 hora.

Impartida pola Doctora Dagmar Gabriela Nedelcu.
 
 
A charla terá lugar o vindeiro día 9 de abril ás 17:15 na nosa escola.