martes, 18 de decembro de 2012

CONCENTRACIÓN ALIANZA DO 20 DE DECEMBRO 2012

Prezadas nais e pais,

O próximo xoves, 20 de decembro, ás 19:30 horas na Praza de Galicia de Compostela, estamos todos convocados a unha concentración convocada pola Alianza Social Galega.
A Alianza é unha organización donde estamos representadas, a través da federación de anpas de Compostela, todas as asociacións de Nais e Pais desta comarca, xunto con outras moitas organizacións de moi diferente tipo, dende asociacións culturais, ata movementos sociais, sindicais ou profesionais. A Alianza representa o que sempre pedimos, un movemento de integración, onde cabe todo o mundo, que ten como único obxectivo a defensa dun estado social.
Nesta ocasión, ademais, atínxenos directamente un dos lemas da concentración pois pronunciarse en contra da privatización do ensino significa tamén defender o ensino público. Pero tamén nos concentraremos pola defensa da sanidade pública, dunha xustiza para todos, ou apoiando a defensa dos pensionistas e desafiuzados.
Se non protestamos, se non nos facemos oír, estarémoslle apoiando indirectamente todo o que están facendo, e non é iso o que queremos.

Vémonos o día 20, ás 19:30 na Praza de Galicia

Un saúdo

Xunta directiva da Anpa Ceip Lamas de Abade
 
Consultade a convocatoria AQUÍ.