venres, 19 de outubro de 2012

ALIANZA SOCIAL GALEGA

Nace a Alianza Social Galega, que agrupa a CC.OO, CIG e UGT e outras moitas organizacións, así como tamén a CONFAPA, a confederación de  asociacións de pais e nais de Galiza. Ao redor de 60 organizacións que forman parte da nova plataforma, nacida como espazo de encontro para o debate e a acción da sociedade civil galega oposta ás políticas de austeridade e aos recortes económicos e de dereitos impostos polo Partido Popular.
"Non nos xuntamos por casualidade nin por electoralismo, senón para loitar contra unhas politicas que agreden os sectores sociais que representamos. Parécenos moi ben presentar isto en eleccións, porque o voto ten moito valor e cómpre mudar as actuais correlacións de forzas nos parlamentos".
"Estamos firmemente decididos a defender uns dereitos e unhas condicións de vida que se conseguiron tras moitos anos de loita e sacrificios das xeracións pasadas e presentes. Estamos firmemente decididos a loitar para que os nosos fillos e fillas poidan vivir nunha sociedade galega máis xusta, libre, democrátia e sustentábel social e ambientalmente".

Se queredes saber máis sobor desta plataforma, consultade este artigo.