venres, 19 de outubro de 2012

ALIANZA SOCIAL GALEGA

Nace a Alianza Social Galega, que agrupa a CC.OO, CIG e UGT e outras moitas organizacións, así como tamén a CONFAPA, a confederación de  asociacións de pais e nais de Galiza. Ao redor de 60 organizacións que forman parte da nova plataforma, nacida como espazo de encontro para o debate e a acción da sociedade civil galega oposta ás políticas de austeridade e aos recortes económicos e de dereitos impostos polo Partido Popular.
"Non nos xuntamos por casualidade nin por electoralismo, senón para loitar contra unhas politicas que agreden os sectores sociais que representamos. Parécenos moi ben presentar isto en eleccións, porque o voto ten moito valor e cómpre mudar as actuais correlacións de forzas nos parlamentos".
"Estamos firmemente decididos a defender uns dereitos e unhas condicións de vida que se conseguiron tras moitos anos de loita e sacrificios das xeracións pasadas e presentes. Estamos firmemente decididos a loitar para que os nosos fillos e fillas poidan vivir nunha sociedade galega máis xusta, libre, democrátia e sustentábel social e ambientalmente".

Se queredes saber máis sobor desta plataforma, consultade este artigo.

STOP Á LEI WERT

Podedes asinar, se non o fixestes xa. Lede á postura desta plataforma:

Ciudadan@s por la Educación Pública manifiesta su más absoluto rechazo al anteproyecto de Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa (LOMCE) por las siguientes razones:

-Por su carácter profundamente antidemocrático,
-En el proceso de elaboración de la ley (de espaldas a la comunidad educativa, a los grupos sociales y políticos, a las Comunidades Autónomas).
En la organización de los centros docentes, en que una dirección nombrada a dedo por la Administración pasa a tener poderes absolutos en la gestión de los mismos.
-Por su concepción mercantil de la educación, que antepone las necesidades de los mercados a la formación integral de niñas y niños, y a la construcción de una sociedad más justa y cohesionada.
-Por utilizar la educación como herramienta para la segregación y la exclusión.

Por todo ello, pedimos la retirada del anteproyecto de ley y la apertura de un período de verdadero diálogo con la comunidad educativa y con todas las fuerzas sociales y políticas que permita sentar las bases de un modelo educativo consensuado y sostenible.

Apoya la propuesta de detener la ley:
http://www.yoestudieenlapublica.org/stop.php

martes, 16 de outubro de 2012

COMUNICADO Nº 3

Estimados pais e nais:

Debido a un erro nas datas, a asemblea da ANPA  do día 11 de outubro cámbiase para o día 18 de outubro ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 a segunda e definitiva.
A orde do día comprenderá os seguintes puntos:
1º.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2º.- Informe sobre o servizo de comedor e madrugadores.
3º.- Informe sobre as actividades da Anpa.
4º.- Preguntas e suxestións.
O remate da asemblea será ás 19:30 horas.
Pregamos a vosa asistencia para tratarmos os temas mencionados.
                                                 

xoves, 4 de outubro de 2012

COMUNICADO Nº 2

Estimados pais e nais:

Convócase a asemblea da ANPA o xoves, día 11 de Outubro de 2012, ás 17:00 en primeira convocatoria e ás 17:30 na segunda e definitiva.

A orde do día comprenderá os seguintes puntos:
1º.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2º.- Informe sobre o servizo de comedor e madrugadores.
3º.- Informe sobre as actividades da Anpa.
4º.- Preguntas e suxestións.
 

O remate da asemblea será ás 19:30horas.
           
Pregamos a vosa asistencia para tratarmos os temas mencionados.
 
Santiago de Compostela, a 8 de Outubro do 2012
Asociación de Nais e Pais e Clube Deportivo do CEIP Lamas de Abade