1.0 galego necesita aprenderse na escola
En Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo debe conseguir que se dominen as dúas.
A escola ten que garantir que os nenos/as saiban por igual galego e castelán. Hoxe en día, para moítos nenos/as a escola é o único lugar no que conviven co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos de uso, é fundamental que, cando menos, a metade das materias se impartan no noso idioma. Porque, todos estamos de acordo, as linguas apréndense usándoas.
2. Saber galego axuda a aprender
Os especialistas en adquisición de linguas (Cummins, I. Vila, C. Baker...) demostran nos seus estudos que é máis fácil aprender unha nova lingua partindo doutras. Canto máis temperá é a introdución de novas linguas mellor se consolidan.
Se un alumno aprende nunha lingua poderá transferir os coñecementos a calquera outra (se aprende matemáticas en galego, poderá utilizar os seus coñecementos matemáticos en calquera outra lingua).
Sabiades que...
... o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española?
O informe Pisa sinala que a; comunidades con dúas linguas se sitúan por riba da media española en competencia en lingua caítelá.
Existen estudos que demostran que en Galicia os resultados obtidos polo alumnado son mellores que os doutras comunidades autónomas
... o alumnado galego ten mellor dominio do inglés que a media española?
... o alumnado galego remata a secundaria máis capacitado que o doutras comunidades que teñen unha soa lingua?
Seis premios nacionais de bacharelato e formación profesional deste ano foron para o alumnado galego, alumnado que se formou estudando materias en lingua galega.
O coñecemento das linguas internacionais é necesario, pero nin dinamarqueses, nin holandeses, nin islande-ses... deixan de lado a súa lingua propia a pesar de teren poucos falantes. Todas as culturas entenden a lingua como un patrimonio que hai que protexer e do que sentir' se orgullosos.
O galego é unha ponte para coñecer a lingua portuguesa e ábrenos as portas a un mercado próximo aos 300 millons de persoas. Nun mundo fortemente competitivo onde os idiomas van ser básicos para abrirse camiño na vida, temos que ser conscientes todos nós de que non nos podemos permitir o luxo de desprezar ningunha das nosas potencialidades lingüísticas.
Documento 1
Documento 2
Documento 3