luns, 17 de outubro de 2011

Concentración no Toural por unha educación de calidade

Comunicado aos PAIS /NAIS

Se vostede considera que:

1. Para que haxa unha verdadeira igualdade de oportunidades, debemos contar cun ensino público de calidade.

2. Reducindo os presupostos en educación como se está a facer nos últimos anos, non se consegue a excelencia educativa.

3. Contratando a menos profesores non se pode atender mellor ao alumnado.

4. A educación a pagamos todos e temos dereito a esixir un presuposto suficiente e rexeitar calquera recorte.

5. Que o profesorado necesita un tempo do seu horario para poder desenvolver labores como as actividades extraescolares xa que forman parte da formación do alumnado.

Entón vostede debería acompañarnos na concentración que terá lugar o día 18 de outubro ás 20:00 h. na Praza do Toural en Santiago. Nos sos faremos pouco pero coa unión de profesorado, alumnado e pais/nais seguro que moveremos conciencias e lograremos a escola pública que queremos e merecemos.

Esperámosvos a todos e todas

xoves, 13 de outubro de 2011

NADALXOGO 2011, ABERTO O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN

ABERTO O PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN NADALXOGO 2011
—Programa de Conciliación-
Preinscripción do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2011


DATOS TÉCNICOS:
DATAS DE CELEBRACIÓN DO PROGRAMA
Decembro: 23, 26, 27, 28, 29, 30
Xaneiro: 2, 3 e 4

CENTROS DE ACTIVIDADES
— CEIP Ramón Cabanillas (Rúa José Antonio Souto Paz, 5)
— CEIP As Fontiñas (Rúa de Roma, 21)
— CEIP Pío XII (Poza de Bar, 15)

HORARIOS E SERVIZOS
Horario: de 7,45 h. ata ás 15,30 h.
Modalidades:
— De 7,45 ás 10 h. Servizo de Madrugadores
— De 10 ás 14 h. Obradoiros e Actividades
— De 14 ás 15,30 h. Servizo de Comedor

DESTINATARIOS
Poderá participar calquera neno ou nena que curse estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria de Santiago.Se existen praza vacantes, atenderanse outras solicitudes.

CRITERIOS DE ADMISIÓN
Estáblecese un límite de prazas diarias por centro, de acordo coas características do programa:
CEIP Ramón Cabanillas: 150 prazas
CEIP Pío XII: 150 prazas
CEIP As Fontiñas: 150 prazas
En caso de non cubrirse un número mínimo de participantes en cada escola, estimado en 20 matriculados, non se realizará a actividade.
Será prioritario a atención ás familias con nenos/as que soliciten a participación en todo o período de duración do programa.
Atenderanse solicitudes con carácter puntual no caso de existir prazas dispoñibles, unha vez finalizado o proceso de inscrición.
A inscrición no programa supón a aceptación e o compromiso das normas emitidas polo Concello de Santiago. O incumprimento das mesmas dará lugar á perda do dereito de participación neste programa municipal.

TIPO DE ACTIVIDADES
Módulo A
; de estrutura fixa, na que se definen espazos arredor de obradoiros especializados como:
—Actividades de música e danza: para iniciar aos participantes no mundo da expresión musical e corporal.
—Actividade de Animación á lectura e promoción do libro: ten como finalidade achegar a lectura e a escritura aos nenos e nenas, desenvolvendo unha conciencia crítica e selectiva en relación coas lecturas.
—Obradoiros de educación ambiental: co obxectivo de fomentar prácticas e comportamentos ambientais, promovendo a información, a concienciación e a sensibilización da poboación escolar.
—Papiroflexia: na que se amosarán as técnicas e usos máis diversos e atractivos do papel, coa construción de elementos decorativas e xoias, caixas, animais, entre outros.
—Cociña: potenciando hábitos de coidado da saúde e da alimentación, mediante actividades e obradoiros didácticos nos que se afonden en todos aqueles elementos que teñan que ver coa alimentación saudable.
—Artes plásticas: pintura, modelado, debuxo, papel maché, entre outras, son diferentes técnicas a desenvolver neste espazo de expresión artística, que contribúe a desenvolver a sensibilidade estética.

Módulo B; completarase a proposta con actividades como:
—Itinerarios pola cidade: visitas de coñecemento a centros de interese ambiental, cultural ou de servizos da cidade.
—Actividades deportivas: de xeito puntual, os participantes terán a oportunidade de perfeccionar habilidades, a súa técnica en deportes e iniciarse noutros máis novidosos.
—Xogos populares e tradicionais: terán o obxecto de promocionar a recuperación e a posta en valor destes xogos.

PRE-INSCRICIÓN

—PRAZO DE PRE-INSCRICIÓN
Do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2011

FORMA DE PRE-INSCRICIÓN
Mediante o impreso correspondente, á súa disposición nos centros educativos, servizos municipais e na páxina web do Concello.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), en persoa ou por correo certificado, baixo a epígrafe Programa de Conciliación NADALXOGO 2011. Ademais, poderán presentarse en calquera dos rexistros ou oficinas previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.

INFORMACIÓN
Concello de Santiago
Departamento de Educación e Xuventude
Tfnos: 981 554 400 - 401
Fax: 981 571 511
dptoeducacion@santiagodecompostela.org
www.santiagodecompostela.org


Podedes descargar o impreso de preinscripción xunto con toda esta información aquí

luns, 10 de outubro de 2011

ACTIVIDADES 2011-2012


KARATE
Horario. 1º, 2º e 3º, martes e xoves de 16:30 a 17:30 horas.
4º, 5º e 6º, martes e xoves de 17:30 a 18:30 horas


DIVERTIDANZA (EDUCACIÓN INFANTIL)
Horario., martes e xoves de 16:30 a 17:30 h.
Nas aulas de música ou pintura según disponibilidade


INFORMÁTICA
Aproximación ao emprego do ordenador, manexo de programas de debuxo
e escritura, xogos e acceso a internet.
Horario. 1º, 2º e 3º, luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas
4º, 5º e 6º, luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas.




FUTBIÑO
Horario. 1º, 2º e 3º, martes e xoves de 17:30 a 18:30 h
4º,5º e 6º, martes e xoves de 16:30 a 17:30 h.
Lugar: Pabillón


XIMNASIA RÍTMICA
Horario: de 1º a 6º, luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas.
Lugar: Tatami


PATINAXE
Horario. Educación Inf., 1º e 2º, luns e mércores de 16:30 a 17:30
3º,4º,5º e 6º, luns e mércores de 17:30 a 18:30.
Lugar: Pabillón.


INGLÉS
Nesta actividade, realízase unha aproximación á lingua inglesa a través do debuxo, de xogos e dinámicas grupais.
Horario: 1º,2º e 3º luns e mércores de 16:30 a 17:30 h.
4º,5º e 6º luns e mércores de 17:30 a 18:30 h.


XOGOS, EDUCACIÓN INFANTIL
Horario: Luns e mércores s de 16:30 a 17:30.
Lugar: Salón de Actos


CAPOEIRA
Horario: Educ. Inf. 1º e 2º, martes e xoves de 16:30 a 17:30
3º,4º,5º e 6º, martes e xoves de 17:30 a 18:30
Lugar: Salón de Actos


BAILE MODERNO
1º a 6º Luns e mércores de 16:30 a 17:30 h.
Lugar: Salón de actos



LUDOTECA
Horario de 16:30 a 18: 30 de luns a xoves.
Lugar: Ludoteca.


TARIFAS
Informática: 17 €.
Capoeira: 17 € .
Baile moderno: 17 € .
As demáis actividades: 15 € .
Tedes á vosa disposición o horario das actividades en versión táboa. Como neste espacio non se ve ben, podedes consultala, descargala ou imprimila no seguinte enlace:
Horario de actividades 2011-2012