luns, 15 de novembro de 2010

COMUNICADO Nº 7, ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA

Convócase a asemblea da ANPA o próximo xoves, día 18 de Novembro do 2010, ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 na segunda e definitiva.

A orde do día comprenderá os seguintes puntos:

1º.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2º.- Contratación de monitores.
3º.- Subvención de comedor 2010-2011.
4º.- Elección de novos cargos para a directiva.
5º.- Contratación de seguro de responsabilidade civil da anpa.
6º.- Preguntas e suxestións.

O remate da asemblea será ás 21:15

Pregamos veñades todos para tratar os temas mencionados

Haberá un servizo de gardería para aqueles que teñan que traer os seus nenos/as.

Tamén queremos recordarvos que consultedes os taboleiros, xa que alí está toda a información da ANPA.


COMUNICADO Nº 6, CAMPAMENTO DE NADAL

Está aberta a inscrición para o campamento de Nadal. Farase os días 23, 27, 28, 29, 30 de Decembro e 3, 4, 5 e 7 de Xaneiro dende as 9:00 horas ata as 16:00 horas. O procedemento de inscrición será o de sempre:
  • apuntarse no taboleiro de anuncios
  • facer o ingreso na Caixa Galicia: 2091-0349-42-3040002656 (4 euros/día/sen comida) (8 euros/día/con comida)
  • entregarlle á coordinadora o justificante (Mamen)

A data límite de anotación é o 15 de Decembro do 2010.