INICIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2009-2010
Comunicado nº3
Hola amig@s:
O vindeiro día 4 de Outubro, comezan as actividades extraescolares no horario de 16:30 as 18:30. Os nenos/as que queden ó comedor, xa os conducen as monitoras a cada actividade. O transporte funcionará como outros anos, dúas rutas de transporte agás os martes que serán cinco.
OS PAIS NON PODEN ENTRAR NO CENTRO, as horas de recollida dos nen@s son ó remate das actividades, NUNCA entre horas, a non ser causa xustificada e sempre será o conserxe ó que avise @ nen@
Queremos recordarvos varias cousiñas:
- Hai unha ludoteca de apoio á que poden asistir todolos nenos/as, complementaria as actividades. Se tedes xoguetes ou contos en bó estado que vos sobren, podedes aportalos a esta ludoteca.
- Cada neno/a virá cá roupa axeitada para cada actividade (chándal ou similar para as deportivas e adecuada para as demáis). Cada monitor/a aconsellará sobre isto.
É importante a puntualidade; pola boa organización das actividades, pregámovos sexades serios cas horas. - Os nen@s que se queden ó comedor serán recollidos a partir das 15:30 no colexio, OS PAIS NON PODEN ENTRAR NA ESCOLA DE HOSTELERÍA.
- Para que ós meniños lles de tempo de almorzar, deben estar en madrugadores ANTES DAS 8:40, pois despois desa hora non da tempo de tomar o almorzo.
- Así mesmo, temos correo electrónico no que podedes depositar todo tipo de cuestións: anpaceiplda@yahoo.es. Facemos unha vez máis fincapé na importancia que ten a vosa colaboración, pois para que isto funcione ben é precisa a axuda de todos.
- O teléfono da coordinadora das actividades é: 662382216 e o seu nome Inma.
- O HORARIO DE RECOLLIDA DOS NENOS/AS OS VENRES É ÁS 16:00, HORA DO PECHE DO COLEXIO. A Anpa non se responsabiliza a partir da mesma.
Santiago, 27 de Setembro do 2010