Estimadas familias:
Xa está aberta a inscrición para o campamento de Entroido do curso
2022/2023.
Horario e prezos:
De 7:30 a 9:00 (madrugadores: con almorzo 2 €/día; sen almorzo 1,90 €/día).
Servizo opcional.
De 9:00 a 14:00 (actividades: 6 €/día)
De 14:00 a 16:00 (xantar: 6 €/día). Servizo opcional.
O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola e será preciso
informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia
antes de realizar o pagamento.
Para que o campamento de Entroido se leve a cabo será preciso que haxa un
mínimo de 10 nenos anotados. Tanto para o servizo de madrugadores como para o
servizo de xantar, terá que haber un mínimo de 5 solicitudes para que se fagan.
Formalización da inscrición.
Deberá facerse o ingreso na conta de ABANCA: ES80 2080 0349 8230 4000 2656.
O xustificante de pago, xunto co formulario debidamente cuberto, enviarase
á coordinadora Mamen por correo electrónico ao enderezo coordinadoralamas@gmail.com. Tamén se lle pode entregar en man.
A data límite para anotarse será o venres, 3 de febreiro do 2023.
A reserva ordenarase pola data de pagamento e o número máximo de usuarios
será de 50.
Desenvolvemento do servizo.
O Campamento de Entroido desenvolverase os días 20, 21
e 22 de febreiro do 2023.
O horario de chegada, no caso de non solicitar
madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao
campamento despois das 10:00.
O horario de recollida será ás 14:00 (sen
comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes
estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora
de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida
especificada nas normas xerais da Anpa.
Tanto para a entrada como para a saída, as familias
deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do
pavillón municipal, que únicamente estará aberta de 7:30 a 10:00 e a
partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos
situada no patio cuberto.
As rutinas diarias
serán as seguintes:
De 9: 00 a 10:00 Recepción.
De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.
De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.
De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.
De 11:30 a12:00 Descanso.
De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.
De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás
familias.
De 14.00 a 15:00 Xantar
De 15.00 a 16.00 Xogo libre.
ÁS 16.00 Remate da xornada.
Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións
de campamento. Os luns estarán dedicados a facer múltiples xogos (xogos
populares, olimpíadas infantís, etc). O resto da semana haberá obradoiros
diversos, manualidades para que os nenos e nenas poñan en práctica a súa imaxinación
e creatividade, cine, teatro. Tamén realizaremos outro tipo de actividades como
bailes, murais, escenas con plastilina, que dependerán do número de nenos que
haxa cada día, das súas idades e dos gustos de cada un.
Neste enlace podedes descargar o formulario de inscrición.
Un saúdo.