xoves, 8 de marzo de 2018

Resultado 2ª Asemblea extraordinaria Curso 2017-2018


O día 07/03/2018 celebrouse a 2ª asemblea extraordinaria do curso 2017-2018 onde se tratou de novo, como único punto da orde do día, o servizo de comedor xestionado pola Anpa para o vindeiro curso 2018-2019.
A directiva da Anpa explicoulles a todas as persoas socias que asistiron os pasos que demos despois da anterior asemblea extraordinaria (31/01/2018) ademais de transmitirlles que se conseguiran 20 prazas máis na Escola de Hostelería para os vindeiros cursos (160 en total).
Como medida temporal, ata que se solucione o problema de falta de espazos para dar cabida a tod@s @s nen@s que necesiten facer uso do servizo de comedor, esta asemblea chegou ao seguinte acordo, con 40 votos a favor (un deles por delegación) e 2 en contra:
  • 1. Revogar a votación da asemblea anterior de non admitir novos usuarios de comedor para o curso 2018-2019.
  • 2. No caso de que non sexan suficientes as prazas de comedor para todos os solicitantes, someteremos a tod@s os soci@s que soliciten praza de comedor ao seguinte baremo:

DÍAS DE USO DE COMEDOR POR USUARIO AO ANO DURANTE O CURSO ANTERIOR 
PUNTOS

de 160-180
10
de 140-160
9
de 120-140
8
de 100-120
7
de 80-100
6
de 60-80
5
de 40-60
4
de 20-40
3
de 0-20
1
SOCIO NO CURSO ANTERIOR
1
IRMÁN/Á USUARIO/A DE COMEDOR NO CURSO ANTERIOR
2


Este baremo será empregado no próximo curso escolar 2018-19 e seguintes, ata novo acordo da ANPA do Ceip Lamas de Abade.
* Unha vez asignadas as prazas de maior a menor puntuación, no caso de que haxa empate, utilizaremos a letra do apelido que saíu no sorteo público que realizou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para resolver os desempates na puntuación final da orde de admisión do alumnado. Para o curso 2018-2019, teremos en conta a Resolución do 27 de febreiro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos:
Para o curso escolar 2018-19 as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "Z" e "T"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "C" e "J".

NOTA: a data que imos ter en conta para puntuar o apartado “socio no curso anterior” é a da anterior asemblea extraordinaria (31/01/2018). Para ter en conta o de “usuario de comedor durante o curso anterior”, imos tomar de referencia a data da asemblea do 07/03/2018.
Este baremo será de aplicación nos cursos seguintes considerando no seu momento o criterio de desempate que empregue a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para resolver os desempates na puntuación final da orde de admisión do alumnado.

martes, 6 de marzo de 2018

Campamento de Semana Santa


Comunicado nº5
Está aberta a inscrición para o campamento de Semana Santa

Horario:
De 7:45 a 9:00  ( madrugadores : 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día).
  •     Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
  •     Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago


A data límite para anotarse  é o 19 de marzo
A reserva ordenarase pola data de pagamento
No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago

Descarga o formulario de inscrición aquí