martes, 27 de febreiro de 2018

Convocatoria 2ª Asemblea Extraordinaria Curso 2017-2018

ANPA - CLUBE DEPORTIVO CEIP LAMAS DE ABADE
CONVOCATORIA 2ª ASEMBLEA EXTRAORDINARIA CURSO 2017-2018
Mércores 7 de marzo de 2018
16.00 h (1ª convocatoria) 16.30 h (2ª convocatoria)


ORDE DO DÍA:
                        1. Comedor ANPA para o curso 2018-2019

De acordo co artigo 24 dos Estatutos que regulan esta asociación, as asembleas quedarán validamente constituídas en 1ª convocatoria cando estean presentes a maioría dos socios/as e en 2ª convocatoria, sexa cal sexa o número de socios/as presentes.


A xunta directiva da ANPA-CD do CEIP Lamas de Abade

Podedes consultar os estatutos no seguinte enlace

xoves, 8 de febreiro de 2018

Tal e como estaba convocada, a tarde do 31 de xaneiro de 2018, celebrouse en segunda convocatoria a Asemblea Extraordinaria da Anpa do Ceip Lamas de Abade, onde se tratou o único punto da orde do día, relativo ao servizo de comedor xestionado pola Anpa, e o funcionamento deste de cara ao próximo curso 2018-2019.
Despois de analizar a situación actual, onde os usuarios actuais, cobren o 100% das prazas que pon a disposición da Anpa a Escola de Hostalería, e tomar en consideración distintas alternativas; co fin de buscar unha solución que permita poder seguir ofertando o servizo como ate este curso, ( non discriminando a ningún solicitante do servizo de comedor, e sendo usuarios do comedor ofertado na Escola de Hosteleria ).
A asemblea acordou por unanimidade dos 57 socios asistentes o seguinte :
Non ofertar dende a Anpa o servizo de comedor para novos usuarios, para o curso 2018-2019.
A Directiva da ANPA recolle o mandato da Asemblea de procurar unha vía de solución a esta situación co fin de minimizar as incidencias que esto poida provocar, e conquerir un número de plazas suficiente, para todos aqueles que precisen do servizo de comedor escolar.