luns, 29 de maio de 2017
martes, 23 de maio de 2017
PROXECTO VOCES LEDAS
O vindeiro xoves día 1 de xuño ás 10.30h terá lugar o acto de presentación
oficial do proxecto VOCES LEDAS no Salón de Actos da Facultade de Ciencias
da Educación (Avda. Xoan XXIII, Campus Norte) da USC.
VOCES LEDAS é un proxecto psicopedagóxico de educación vocal e canto
dirixido á infancia que pretende garantir oportunidades e espazos democráticos
para a voz, co apoio e colaboración do Orfeón Terra a Nosa. Dende un punto
de vista inclusivo en conexión coa contorna, trátase de crear lazos entre as
diversas institucións e de abrirse e beneficiar á comunidade, no ámbito
educativo non formal.
O proxecto VOCES LEDAS xurdiu no curso 2015-2016. O equipo confórmano o
director do Orfeón Terra a Nosa, Miro Moreira, a cantante Mariola González e
a investigadora Lucía da Fonte, que desfrutou de bolsas do Ministerio de
Economía e Competitividade español e da Fundación Barrié para o estudo de
programas nacionais de canto escolar en Arxentina e Inglaterra.
Para a súa posta en marcha, a partir de setembro de 2016, nenas e nenos do
CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) formaron un coro piloto, coa
necesaria participación e apoio da profesora Diana Capelo. Os alicerces que
sustentan este proxecto parten do desfrute persoal, da atención individual ás
nenas e nenos e dos procesos como garantía máxima de calidade.
O contido deste acto estará centrado na exposición das orixes, do presente e
das propostas de futuro do proxecto, así como no desenvolvemento dunha aula
aberta. A entrada é libre até completar aforo. Máis información en
directivaorfeon@gmail.com.
martes, 9 de maio de 2017
venres, 5 de maio de 2017
SANTIAGO NO MEDIEVO
Queridas familias, benvidos ao Medievo!
Grazas ao Proxecto Documental Integrado (PDI) que propuxemos desde a Blibiotemca ímos trasladarnos no tempo e facer unha viaxe por Santiago na Idade Media.
Íste é o folleto en que vos indicamos todo o que podedes ver. Descargar.
Etiquetas:
Charlas informativas,
Exposicións abertas ao público
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)